Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Dona Luz Pozo Garza, poeta e filla adoptiva de Viveiro

miércoles, 23 de enero de 2019
Moi estimada Dona Luz:

Ë para mín un honor poder dirixirme a vostede, consciente da valía do seu tempo, para contarlle o que axiña lle resumo. Hai dúas razóns: a primeira é que a persoa da que quero falarlle é é tan tímida que non se atreve; e a segunda porque, amén de ser de xustiza, coido que pode ser unha fermosa ledicia para ambolos
dous.

Nos tempos da súa estadía en Viveiro, vostede coñoceu a un Home que sempre se mantivo fiel á súa amistade e admirou canto escribía. Trátase de Jesús García Martínez, coñecido na bisbarra como García, ise afable e agarimoso home das Lobeiras que “levou” seguros e que naqueles tempos traballaba de axudante do notario D. Pelaio. Sí, estoulle a falar daquel tímido poeta a quen vostede lle dixo que lle recordaba a Tagore, ¡nada menos!, e a quen nomeu corresponsal en Viveiro de “Vida Gallega”.¿Recórdase?

Pois ben, Dona Luz, García, xa maior, aínda anda por Viveiro e sigue a manterse fiel á súa figura; mais é tal o grado de timidez e discreción que, cada vez que vostede vai a Viveiro, achégase ós actos, pero endexamais logrou falarlle e saludala.

Saiba, Doña Luz,quecase ninguén coñoce a iste indescritible (tímido,tenro, discretísimo…) Poeta, porque é tal a súa humildade e o medo a expresar a súa intimidade, que só algúns, moi pouquiños, limos os escasos poemas que garda.

Tiven a fortuna de ser un deles e ata logrei que me pemitira fotocopialos (son poucos) , e con unha cartulina encuaderneinos.Il aínda garda case todos os exemplares.

Con motivo dos merecidísimos actos que na súa honra se celebraron en Viveiro, quixen que se achegara e poidesen falar, pero xa lle digo o tímido e discreto que é que nunca o logrou.

Se por algún medio podo lograr o seu enderezo, tratarei de enviarlle os poemas do seu amigo. Coido que será o mellor regalo que merece tan bó Home.

Mentras tanto, saiba que isa admiración e gratitude pola súa obra- ando na súa lectura- é sincera. E somos moitos os que en Viveiro, e en moitos sitios, sentímonos solidarios co seu amor/dolor. E que mellor proba de canto digo como pode ser manter a esperanza do sempre fiel e sincero amigo o gran García. Mil grazas por tan fermosos versos. ¡Qué Deus e o Parnaso llo agradezan!

Apertas de buxo, como dí onoso amigo o poeta o gran Mero.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES