Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Novo Bispo!

domingo, 02 de diciembre de 2007
Para a diocese de Lugo. No lugar do agora xubilado e enfermo, Frei Xosé Gómez González. que, durante 27 anos, procurou, con entusiasmo e entrega (¡tamén con erros/acertos!) mellorar a diocese. ¡Para el o noso agradecemento e o desexo dunha feliz e tranquila xubilación!

Para o novo bispo, D. Afonso Carrasco Rouco, a sincera benvida. ¡Benvido, por enriba do xeito de ser elixido pastor desta comunidade diocesana, un sistema imposto, nada exemplar e evanxélico e que non se parece en nada ao das orixes da Igrexa!. Benvido, a pesar tamén, dos condicionamentos humanos e familiares que o acompañan ao estreo da súa primeira diocese.

Vén a unha diocese pobre, vella e avellentada. En todos os sensos. Nas ideas, nas persoas, nas estruturas. Cunha pastoral de conservación. Aínda non evanxelizada e ancorada nunha liturxia allea e des/encarnada da vida, baseada/centrada en ritos funerarios e devocións tradicionais.

Sabemos que é unha persoa sinxela, próxima, aberta, compasiva, sacrificada. Que chega con gañas de traballar e acertar na misión encomendada. Que é un bo profesional do ensino e formado en universidades de sona. (Salamanca, Múnich, Friburgo) Mesmo, galego/falante.

Non se lle vai preguntar polos títulos. Do que ten que dar resposta e o que fai falla na diocese lucense é un “pastor bo, humilde, próximo...”Que fale, dialogue, coñeza, se sacrifique e ame aos diocesanos e se note que é un servidor”. Ao xeito do seu/noso Mestre/Pastor, Xesús. Por aí, creo eu, é por onde se poden desfacer os fardos e prexuízos que acompañan a súa chegada.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Distincións municipais: Hai corporacións que non saben o que teñen entre mans. Por eso non imos poñ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
Oferta Presencia Web
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información