Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adega denuncia

lunes, 03 de diciembre de 2007
Adega denuncia as afeccións á rede natura do parque eólico da Toxiza en Mondoñedo

A Mariña, 29 de novembro de 2007. O parque eólico da Toxiza no Concello de Mondoñedo está a afectar novamente ao maltratado LIC Serra do Xistral. As afecccións dos parques eólicos aos espazos protexidos prodúcense principalmente pola construcción de pistas de acceso, das cimentacións dos aeroxeneradores, as liñas eléctricas de evacuación e subestacións e outras infraestruturas de almacenaxe. Estas construccións destrúen a cuberta vexetal e, coma neste caso, drenan zonas húmidas brañentas ou turbosas destruindo totamente estes hábitats fogar de diversas especies de plantas protexidas.

Tamén son importantes as afeccións á fauna, nomeadamente ás aves. As colisións coas palas dos aeroxeradores son frecuentemente constatados por numerosos grupos ecoloxistas e científicos xa que, os impactos son abundantes sobretodo cando a néboa cubre os muíños, impedindo ás aves advertir que unha pala de grandes dimensións se acerca a toda velocidade. A dramática consecuencia é a morte de numerosas aves, mesmo especies protexidas e escasas, coas patas, ás ou cabeza seccionada por impacto cos rotores.

Xa que ADEGA non poido impedir as obras de construcción do parque eólico da Toxiza, en plena área protexida, queremos demostrar coas imaxes presentadas na web a grave deterioración que está a provocar, para que a cidadanía sexa consciente dos impactos ambientais que estas instalacións causan aos espazos protexidos.
Queremos tamen chamar a atención sobre as escasas políticas públicas de aforro e eficiencia enerxética, que farían innecesario o despilfarro de recursos e a producción de máis enerxía, aínda que sexa limpa.
Adega Lugo
Adega Lugo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información