Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Herdeiros da terra

jueves, 10 de enero de 2019
Non cabe a menor dúbida de que unhas persoas diferencianse doutras según os bens que herden.

Unhas herdan moitos ben materiais, outras poucos ou ningún.
Unhas nacen dotadas de gran capacidade intelectual, outras de moita menos.
Tamén se herda a boa ou mala saúde física porque os xenes “imprimen carácter”. E coa personalidade pasa outro tanto.
Por eso se di que: “DE CASTA LE VIENE AL GALGO”

Pero hai algo común a todos: TODAS HERDAMOS O MESMO PLANETA TERRA.
Todos herdamos a mesma terra, na que realizamos tódalas nosas actividades vitais.

O PLANETA NO QUE VIVIMOS É PATRIMONIO DE TÓDOLOS SERES TANTO VIVOS COMO OS INERTES; SENDO O SER HUMANO O SEU ADMINISTRADOR.

DO SER HUMANO DEPENDE A BOA OU MALA ADMINISTRACIÓN QUE FAGAMOS DA TERRA, DO MAR E DO AIRE.

O ser humano leva poboado este planete desde tempos inmemoriables e ata o de agora, deixounos un planeta habitable.
¿Cómo o deixaremos os desta xeración?

O que está pasando actualmente vémolo todos:
-O cambio climático xa está aquí e as súas consecuencias, tamén.
-A terra estámola contaminando a pasos axigantados.
-Os mares están sendo invadidos por mares de plástico.
-O aire estase facendo irrespirable en moitas urbes e xa está causando moitas mortes cada ano

¿CÓMO ERA A TERRA QUE HERDAMOS?
Limpa de impurezas.
Contan as persoas maiores que ata servía para taponar pequeñas feridas que se facían traballando no campo.

¿COMO ERAN OS MARES QUE HERDAMOS?
Debían estar bastante limpos porque eu recordo comer moitas, moitísimas sardiñas crúas (cousas de nenos).
Non me mandaban, pero facíao por conta propia, ás agachadas.
E non teño constancia de que nunca me fixeran mal.

¿COMO ERAN OS RÍOS QUE HERDAMOS?
Puros e transparentes. Podíase beber neles.
Ata se podían coller troitas coa man se eras algo hábil.
Podíase beber en calquera regato con tal de que tivera auga correndo.
Por eso se dicía: “AUGA CORRENTE NON MATA Á XENTE”

¿COMO ESTABA O AIRE QUE HERDAMOS?
Puro, respirable cen por cen.

¿COMO DEIXAMOS A CASA DE TODOS ÁS XERACIÓN DO FUTURO?
A terra moi contaminada con pouca capacidade para producir productos ecolóxicos.
Os mares cheos de plásticos que inxiren equivocadamente moitos peixes que acaban morrendo.
O aire irrespirable causante de moitas enfermedades que conducen á morte a moitas persoas cada ano en España.
Noutros países, pasará algo màis ou menos parecido.
Certo que as industrias contaminan moito; pero a industria convertíuse nun mal necesario aínda que teña o seu lado negativo.

As industrias teñen moito peso neste campo.
Pero… as persoas a nivel individual tamén producimos moitísimos desperdicios. Moitos deles derivados dos plásticos nos que veñen envoltos a gran maioría dos productos de consumo.

Polo tanto, a nivel individual tamén temos moita responsabilidade á hora de reciclar.
Hai moitas persoas que aínda non son conscientes deso.
Os poderes públicos deberían facer campañas de concienciación ó respecto moi a miúdo.

PORQUE ESTE PLANETA É O ÚNCO COÑECIDO ONDE PODEMOS VIVIR NÓS E OS NOSOS FILLOS, OS NOSOS NETOS, OS BISNETOS, OS TATARANETOS E DE AÍ PARA ADIANTE MENTRES QUE O MUNDO SEXA MUNDO.

Temos a obriga de tratar ben á casa común.

“A CASA COMÚN”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por termen asúa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES