Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que é Europa?

miércoles, 02 de enero de 2019
Un culto e significado funcionario da Administración Central do Estado, en Economía perito e douto en leis, de inspiración poética, titula unha poesía, catalizada polas musas europeas, coa pregunta que encabeza esta colaboración, que tamén nos quixo ofrecer en alemán, WAS IST EUROPA?, e tivo a atención de enviarma.

A lectura da mesma espertou a miña curiosidade, e confeso que non tanto pola forma poética como por algúns problemas, máis ou menos explícitos, que penso que afectan a UE, e non de escasa magnitude, cando menos insinuados con estrema sinxeleza na linguaxe poética. E cando isto adoita ocorrer, hai que pensar que se están sentindo e considerando, con paradoxo, a un nivel metafísico, xa que nesta linguaxe é o home capaz de furgar aló nun marco transcendente ao institucional.

Ofrézolles os versos en castelán, para evitar que a miña impericia altere o verdadeiro sentido dos orixinais, que son do seguinte tenor: “Un continente muy grande,/ es la respuesta./ Con su pequeña extensión / y sus lenguas tan diversas,/ sus etnias tan peculiares,/ tanta cultura dispersa./Su arte, su literatura,/ con tantos tonos y temas./ Con sus casas populares,/ tan pegadas a la tierra,/sus comidas, sus canciones,/sus fronteras, nunca quietas./Su historia, nada tranquila,/ con tantos golpes y guerras./Imperios que se deshacen,/países que se desintegran/desunidos por el odio/que con saña los enfrenta/ sin conseguir nada bueno,/ sólo revanchas sangrientas./ También en economía/es desigual la riqueza,/ la política fiscal/ y hasta las normas supremas.”

Descoñezo se a orixinalidade da poesía está escrita en alemán e foi traducida ao español, porque comprobo que hai unha contradición: que o continente europeo sexa a vez MUY GRANDE e de PEQUENA extensión. Pero en alemán utiliza o autor o termo GROSSER, que, entre outros, ten o significado de IMPORTANTE, e entendo que ter unha extensión pequena non lle resta importancia. ( Etwas grosse schreiben=conceder gran importancia a algo, por exemplo, en alemán).

Como é ben sabido, a esta Europa, xeograficamente falando, só se lle concede o rango de continente, primordialmente, por razóns históricas e ata diría que dunha maneira convencional, e, sen dúbida, polo que supón o feito de ostentar, no horizonte da cultura, o orto da occidental e tamén pola implicación indiscutible, aló polo século XVI, na colonización doutros continentes; e nela mesma emerxeu a cultura grega e latina, que estruturou o seu pensamento filosófico e xurídico, respectivamente, non de escasa relevancia. Pero non parece conveniente esquecer, sobre todo con vistas á entidade que hoxe coñecemos como UE, os intentos de unificación, digamos que empregando a forzada, da súa gran fragmentación política, que a levaron a unha serie de conflitos, na Idade Media; e senón lembren a Guerra dos Cen Anos.

Esta guerra durou 116 anos, entre o século XIV e XV, e tivo unha causa feudal, xa que se discutía, entre Francia e Inglaterra, a cal delas correspondía o control das posesións que tiñan os reis ingleses en territorio francés, saldándose coa retirada inglesa de terras francesas. E traigo aquí este episodio bélico porque, como as dúas guerras mundiais, deixou relevantes impactos na economía e no ámbito social e político da Europa Occidental, e marcou un futuro de enfrontamentos entre as grandes monarquías europeas, o que equivale a dicir entre os estados correspondentes.

As consecuencias da paz sellada ao final da Primeira Guerra Mundial, no Tratado de Versalles, tiveron moito que ver coas causas da Segunda Guerra Mundial, da que se derivaron unha serie de problemas demográficos, económicos, sociais e políticos: despois daquela guerra moitos estados acadaron a independencia mediante a forza, deixando unha actitude de irresponsabilidade para o acatamento da normativa xurídica, e de insensibilidade para o respecto á moral; e socialmente, a carencia de mans de obra masculinas obrigou ás mulleres a facerse cargo dos traballos que habitualmente facían os homes, cobrando un salario e gozando dunha certa independencia, todo o cal emerxeu no futuro, estruturándose como movementos de reivindicación feminista.

Polo que respecta ás consecuencias da Segunda Guerra Mundial, as relacións políticas e moitas estruturas sociais no mundo víronse seriamente alteradas. A mesma ONU foi creada para fomentar a cooperación internacional e previr futuros conflitos e a integración política, particularmente en Europa, onde xogou un papel especial no esforzo da normalización das relacións posguerra.

Tomen só estes sinxelos apuntes como meras referencias á realidade europea social, cultural e política que nos ofrece o caleidoscopio poético de D. Luis Gallego Gallego, que é o autor da poesía, que me permito dividir en dúas partes: a primeira, expositiva, que lles ofrecín, e a segunda, CONSECUENTE coa anterior, inquisitiva, que lles aportarei a continuación. Esta primeira parte lévanos a formular a seguinte pregunta: Existe realmente, en Europa, un fondo de tendencias dinámicas no que están incoándose, alternativamente, procesos de fragmentación e unificación?. E digo isto porque só coñecendo estes movementos sociais sería posible encontrar unha fiable resposta á segunda parte da poesía, integrada polas seguintes preguntas:

“¿Se podrá esto armonizar/ con una Unión Europea?./¿Hay un proyecto vital/ que haga que valga la pena/tanto esfuerzo colectivo,/ que guíe al pueblo hasta la meta/ a que aspira tanta gente/ con su opinión verdadera./¿Se ve la capaciad/ de recuperar su esencia,/ de volver a las raíces,/ llegando a ser lo que era?/.¿Podrá lo espiritual/ liderar con su gran fuerza/ tanta energía que hay latente,/ que está sin canalizar,/como dormida, aunque inquieta?/ Para estar entusiasmada/ ¿tendrá la gente paciencia?,/¿se humanizará de nuevo?, ¿confiará en la Providencia?”. Velaquí as preguntas. Intentemos relacionalas co contido da parte expositiva.

Preferiría, para empezar, substituír a “harmonización” (sic, en galego) pola “derivación”, prescindido, claro está, das esixencias poéticas, porque a UE, se non é unha derivación das tendencias europeas, entendidas en sentido amplo, carecería dun substrato común mínimo que a fundamente, e, desta maneira, non responde as esixencias nacidas das necesidades de buscar solucións comúns ós problemas dos Estados integrantes de maneira cooperativa eficaz. Outra cousa ben distinta é a concreción institucional, que no caso dela, considerada como unha comunidade política de dereito, instituíuse mediante un tratado, incorporando a CECA, a EURATOM e a CEE, unións xa existentes, que acusan a latencia dunhas dinámicas de matiz asociativo. Ademais, o Tratado de Lisboa confírelle personalidade xurídica, como suxeito de dereito internacional, determinando as materias para as que é mester a cooperación internacional e aquelas outras que son atribuídas ás competencias supranacionais, adquirindo así un matiz confederativo.

Polo que respecta as restantes outras preguntas, non cabe dubidar que, a nivel institucional, non vai ser nada fácil volver ás raíces e recuperar esencias, sobre todo porque nos movemos a través dun gran número de problemas, con deficiencias en canto a fundamentar, precisar e formular solucións na diversidade, que sigue presentándonos a panorámica europea, política, cultural e economicamente. Pero, en todo caso, a confianza hai que remitila as dinámicas das tendencias no substrato, que catalizan as converxencias, mantendo unha política de responsabilidade, capaz de dar sentido e estabilidade ós habituais desequilibrios entre ideais e realidades non obstante, todo isto depende, en gran medida, dos que teñen a responsabilidade de gobernar, posto que, cando hai quen ousa afirmar que fai el máis en sete meses que outros en sete anos, e critica certas alianzas para acceder ao poder, esquecendo as propias, pon en evidencia que a súa competencia nin tan sequera o advirte de que está bordeando o ridículo, e xa me dirán ata onde a estupidez dun gobernante pode conducir á entidade que goberna e que grao de confianza ofrece de que sexa capaz de equilibrar ideais e realidades. Certamente, que os gobernantes se desvelen polo poder, en si, non parece malo; pero o problema xurde , como di o catedrático Rodríguez-Arana, cando se utiliza como medio de opresión, en vez de como instrumento de servizo. Eu engadiría cando se utiliza para suplir baleiros nas estruturas da personalidade.

Considero indiscutible a importancia de Europa, con etapas da súa historia na que se puido auto–constituir como o centro do universo, forxándose unha idea do mundo un pouco a súa imaxe, dunha maneira máis ou menos consciente. Así o evidencia o subconsciente literario, no Renacemento e no Barroco, nos que afloran infinidade de suxestións en torno a idea de Europa, acusando tendencias converxentes da Idade Media. Non obstante, a UE terá que termar das desavinzas derivadas dos constantes constituíntes de homoxeneidade e heteroxeneidade herdados das dinámicas de toda clase dun pasado complexo; pero debería dotarse dos adecuados instrumentos xurídicos capaces de facilitar a neutralización dos populismos e das irresponsabilidades nacionalistas, evitando que os estados integrantes queden ao chou.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES