Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En agradecemento

martes, 27 de noviembre de 2007
Cun tempiño prudencial xa transcurrido desde que se me agasallase coa homenaxe no meu 75 aniversario, cunha certa sensación de ter todas aquelas sensacións mastigadiñas e coa perspectiva do tempo, lánzome desde este o seu xornal a redactar unhas verbas de agradecemento por todo canto se fixo nesta nosa vila mariñeira polo que lles escribe.

Foron tres días de actos intensisímos. A cea do día 27 en Moaña onde se xuntaron tantos e tantos amigos e amigas para a celebración. Os seus versos, as súas palabras, o seu cariño... a paparota tamén, claro. E moita alegría e bo viño regalía daquelas mesas.

No día seguinte as corais amosaron o seu bo facer con ondas musicais que nos puxeron a todos e todas en situación do que viría ao día seguinte nese mesmo auditorio de Cangas: o día da música e a poesía que xuntou a moitísimos amigos cantantes e autores, os grupos musicais enfedellados en probas musicais para que todo saíse á perfección, como así foi, ou os amigos recitando versos non esquecidos, versos con todo o seu amor.

A todas estas persoas que tanto traballaron e que tantas cousas deixaron de facer por estar comigo, aos organizadores de tal evento incluídas as institucións que achegaron ou seu gran de area para que todo fora máis axeitado, aos amigos e amigas, aos espontáneos, ao pobo de Cangas, sobre todo a el, ao pobo de Cangas que non saben eles o moi feliz que me fixeron estando alí. Homenaxe memorable da que só podo dicir: grazas, grazas, grazas...

Culleredo, 20/11/2007.

Graña, Bernardino
Graña, Bernardino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES