Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónica de Viveiro no remate do 2018

miércoles, 02 de enero de 2019
A Pepe do Laxe in memoriam.

Mentras o reloxo de Santa María canta unha nana de paz e ben no fermoso Belén alí agochado e nos anuncia un novo ano, a Misa do Galo perde clientes na competencia cos pubs, e a xente, pola súa banda, nas ceas familiares ou nas tabernas, unha vez máis felicítase o ano, a maioría da veces no típico acto social de quedar ben. Mentras, o seu Pobo languidece perdido no tempo e no espazo víctima do egoísmo, a desidia e a comodidade.

Sí, molesta a crítica, dicir o que un ve libremente, alleo a loitas de partidos, e gostaríalle moito dicir que é un pobo próspero, alegre e cheo de amor; pero o certo é que aí está a crise de Alúmina, a espada de Damocles de Vestas, o próximo Brexit e a súa repercusión na nosa pesca… Un futuro que parece lúgubre a pesar da nosa vontade. Seguimos a ser o cú do mundo mentras a burguesía cómoda xoga ó postureo na pasarela das vanidades, aló polos Xardíns.

Pola súa banda, un ano máis, a nivel municipal, convencerémonos de que os galpóns do Muelle son eternos; que os Xardíns e o seu amaño han de esperar, igoal que o Parque; que a vida social emigrou a Cantarrana e Covas; que o pequeño comercio, a pesares do tremendo esforzo por adornar con gosto e boa vontade a Vila, na súa lóxica laboura de atraer clientes, só soña coa xubilación; que Xunqueira se ve abocada a sobrevivir a pesar da inutilidade da Xunta. Por certo, son anos de eleccións e pídolle, a quen teña poder, que nos libre, coma San Roque, de peste e males, chámense Feijoo ou Sursuncorda.

Porque temo que os nosos representantes políticos só valen para dicir si guana e iso só aporta frustración a unha Terra que fai tempo desconfía da esperanza. Pero a maiores,ista Terra, farta de producir emigrantes e reserva celta de pensionistas, tamén merece ser patria de nenos que nacen no extranxeiro víctima da atávica e maldita emigración.

Cómpre ser galegos novos e esixirlle ós que nos gobernan dicíndonlles que nós tamén somos de deus (sic), e queremos sacar tallada coma os cataláns, vascos ou canarios. Aquí necesitamos industria, desenrolo para lograr que a nosa xuventude non se vexa abocada á eterna emigración. E xa está ben de tópicos como “ eche o que hai”. O que hai é o que temos, pero non aquelo có que soñamos.

E para cambiar as cousas, cómpre que se cubran as prazas de médicos no Ambulatorio, por exemplo. E iso non se logra escaqueándose comendo nos churros cando hai unha manifestación. Por certo, quero dicirlle a ises que sempre me buscan como pano de bágoas cando lles veñen mal dadas pola atención do Sergas ou outra institución, que iso tén amaño con denuncias, protestas, movilizacións e sobre todo coherencia. Así que si dades a espalda, xa sabedes por onde da ista xente.

Sinto, sincermente, non ser máis optimista, non poder ser mais ledo no ano 2019, pero débome lealtade á miñaverdade, que non é outra cousa que a sinceridade. Por suposto que hoxe hai moita xente pasándoo ben e alégrome por iles. ¡Cánto non daría eu por ser máís optimista e non poñerme a escribir istas cousas ás cinco da mañá! Pero doe o que doe e para ises dolores non hai calmantes.

De tódolos xeitos: sede felices, saúde e sorte!
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES