Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Pobre mundo rico!

domingo, 25 de noviembre de 2007
Certeira frase. A sociedade da opulencia do Occidente/Norte, co seu egoísmo e consumismo non é quen de resolver o problema da fame/pobreza e da desigualdade do Oriente/Sur. Non están capacitados. O 20% segue a posuír o 80% da riqueza mundial.
“Pobre mundo rico” é o lema do simposio que se celebra en Galiza. Chamada á reflexión. Duras verbas: “A pobreza é a forma máis absoluta de contaminación”; “non se pode estar dando cunha man e quitando coa outra”; “a ideoloxía de mercado destrúe a solidariedade”; “a globalización non reporta máis que miseria, exclusión e desigualdade”. Tamén se abren algunhas fiestras:”Hai que globalizar tamén a solidariedade e a esperanza”; “os movementos cívicos son a esperanza cara a democratización das institucións”; ”precisamos dunha Igrexa máis encarnada e evanxélica, sen morriña por un pasado de poder”. O Norte/Occidente é culpable. Non na mesma medida, pero somos todos uns ricos miserables. Pertencemos ao “pobre mundo rico” que, a pesar de ter recursos para mudar situacións... non hai vontade. Estamos sen alma; baleiros de amor e xustiza. Seguimos a construír muros (México, Israel, África...) “A igualdade vai chegar desde os pobres do Sur xa que os ricos/poderosos de Occidente/Norte estamos incapacitados por mor da nosa asasina globalización económica”. ¿Que facer!? Mudar, denunciar situacións e sumármonos aos movementos que loitan contra a inxustiza. ¡Aínda nos queda a palabra...e o testemuño!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información