Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Castro de Atalaia (Cervo)

viernes, 23 de noviembre de 2007
En relación ás obras de construcción que destruíron parte do Castro da Atalaia, en San Cibrao (Cervo), Adega solicita da Delegación de Cultura e da Dirección Xeral de Patrimonio o mantenemento da paralización cautelar e a solicitude de nulidade da Licenza Municipal.

A Delegación de Cultura de LUGO ven de anunciar o levantamento da paralización cautelar das obras de construcción dun edificio de 42 vivendas e que estaban a destruir un importante xacemento arqueolóxico da época castrexa no castro da Atalaia, en San Cibrao (Cervo) e que estaba a ser levadas a cabo sen contar coa preceptiva autorización da Consellería de Cultura.

Segundo o informe da Consellería de Cultura polo que se decide o levantamento desta paralización cautelar queda probado, en primeiro lugar, que as obras non contaban coa preceptiva autorización da Consellería de Cultura. Polo tanto, dacordo co disposto na Lei 9/2002, a licenza municipal tén que ser nula de pleno dereito. Non entendemos, pois, como a Delegación Provincial de Cultura non fai valer esta nulidade da licenza municipal para manter a paralización cautelar.

A razón pola que a Consellería de Cultura acorda o levantamento da paralización cautelar é a de que, -segundo o informe dos arqueólogos que realizaron a excavación da área afectada polas obras-, a pesares de ser un xacemento con abundantes restos arqueolóxicos (como se puxo de manifesto na exploración da escombreira) e a pesares de que as catas realizadas puxeron de manifesto a presenza dun importante xacemento arqueolóxico-, no solar xa non quedan restos arqueolóxicos, debido (así o expresa o informe para o levantamento da paralización cautelar) ao incumplimento da orde da paralización por parte do Concello de Cervo e do promotor, o cal, por ter a consideración de moi grave, xa foi posto en coñecemento do Fiscal pola propia Delegación Provincial.

Dende ADEGA resúltanos dificil de entender este levantamento da paralización cautelar pois resulta totalmente contradictoria coas excavacións realizadas ata o momento pola Consellería de Cultura e contradictorias tamén co seu propio informe: non entendemos que, recoñecendo que non tén habido autorización algunha da Consellería de Cultura e que estamos ante un importante xacemento arqueolóxico que tén sido destruído totalmente debido ao incumplimento da orde de paralización, poda haber tal levantamento da paralización cautelar sen obrigar ao promotor a solicitar a autorización da Consellería de Cultura e sen tampouco esperar pola decisión do xulgado ao respecto. Resolucións deste tipo, na que a política de feitos consumados se fai prevalecer por riba da legalidade vixente, constitúe unha clara invitación á seguir suplantando a legalidade e a seguir practicando o desacato permanente á autoridade administrativa.

Para nós, tratándose de bens de dominio público, -sen menos cabo de que haxa que esixir responsabilidades ao Concello de Cervo por esta licenza para destruir un importante xacemento-, non pode aceptarse de ningunha maneira que o desacato prevaleza sobre a legalidade. Esperamos, pois, que por parte de Cultura e tamén do Xulgado se manteña a paralización cautelar como ata agora e se acabe por preservar todo este castro das amenazas da urbanización, de forma que, o máis pronto posible, se convirta, xunto coas pequenas vivendas tradiconais que aínda se conservan no castro, un conxunto histórico de interese

Nos seus abundantes achádegos arqueolóxicos, na súa conformación sobre o terreo, na historia da súa ocupación humana, ou na súa evolución ata quedar aterrado por unha duna de area que, en moitos lugares, chega a ter máis de 2 metros de profundidade, este castro da Atalaia pode.
Adega Lugo
Adega Lugo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES