Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No balcón do Sil: O saxofonista Flores

viernes, 23 de noviembre de 2007
Nas festas de Sindrán de mediadas da década dos 40 (posiblemente en 1944), ocurriu un caso que ven podería ser guion para unha película: Cando a Banda de Música de Monforte actuaba para un bo numero de personas, acercouse o grupo musical un home de mediana idade, mal aseado, coa roupa media esfarrapada e que durante a xornada andivera pedindo polas casas da parroquia e doutras veciñas. Tras interpretar a banda un par de temas pediu a un dos saxofonistas que lle deixaran tocar unha peza; o musico acedeu a petición non sen reparos e o caso foi que aquel home deixou a musicos e veciños completamente asombrados; nunca ninguen vira nin oira un Saxofonista como aquel; xa prácticamente rematou a festa el solo co acompañamento dun bombo e unha caixa, tocaba absolutamente todo tipo de musica de memoria e con un sonido extraordinario. Os componentes da banda fixeronse cargo do personaxe e ao dia seguinte tomaronlle as medidas nun sastre da cidade, filleronlle un traxe e foi dende enton o director da Banda de Musica de Monforte. O musico en cuestion era Manuel Flores Molina, un madrileño que habia sido musico de 1ª na Banda de Alfonso XIII e que marchou ou foi expulsado polas suas ideas antireximen.

O saxofonista Flores e hoxendía unha autentica lenda entre os musicos do Val de Lemos i entre a xente en xeral que gusta da musica; son multitude de anecdotas as que se lembran do mellor musico que pisou a nosa comarca.

Durante a sua estadía na cidade de Monforte, o Flores amais de dirixir a banda de Monforte, facia arreglos musicais para banda e orquestra, acompañaba circos ou grupos de teatro que actuaban na comarca o na cidade de Ourense e formou tamen parte da Orquestra “Ideal Monfortina” entre outros grupos. Tamen actuaba co acompañamento do pianista Parra de Lugo e Eduardo de Monforte a bateria en bailes en distintan salas da comarca lembrandose principalmente as suas actuacións en “O Lagareto” da Puebla de Brollon. Cara o ano 1950 foi de director para a Banda de Pombeiro (Panton) ainda que seguiu facendo bailes tanto en solitario como coa orquestra. Sempre se dixo que non facia máis actuacións por non ter un instrumento en propiedade sempre tocou con instrumentos prestados.

O Flores nacera na primeria decada do seculo en Madrid polo que cando pisou as terras de Lemos teria arredor de 40 anos a pesares do seu aspecto de mais mayor como pode verse en moitas fotografias que se conservan tanto da banda de Monforte como da orquestra “Ideal Monfortina”.

Foi un home moi dado a bebida e despois de tomar tres basos de viño ou un par de copas decía: “ahora puedo tocar lo que quieran”.

Cando a sua saude xa case non daba para maís foi visto polo doctor Parrilla en Monforte que lle diagnosticou unha Tuberculosis e recomendou que fora aislado, principalmente dos nenos. Durante un tempo viviu nunca caseta na Ribeira de Amandi a onde lle levaban de comer; o pouco tempo con recomendación do Pianista lugues Parra –que fora seu acompañante en moitas actuacions- foi trasladado a Madrid para ser ingresado nun hospital especializado en tuberculosis.

Dixose que a mediadas dos anos 50 fora visto en San Sebastián na estacion de ferrocarril por un ferroviario monfortino que tocara na banda de Monforte cando el fora director.

Tanto Eduardo Rodríguez da orquestra “Ideal Monfortina”, como o sastre Amancio Rodríguez de “La Monfortina”, que tiveron o musico Flores como compañeiro e que conservan unha memoria prodixiosa poden contar centos de vivencias e anecdotas deste musico que pode consideranse unha lenda musical das Terras de Lemos.
F. Guitián, Luis
F. Guitián, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES