Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 14 de diciembre de 2018
Cobrar ou non cobrar

Están os equipos estratosféricos. Están os equipos grandes. Están os equipos modestos. E están os equipos pobres ou equipiños. O Reus é destes últimos. As estrelas dos estratosféricos ganan cartos ata o infinito e máis alá. Os bos xogadores dos equipos grandes cobran moitos cartos. O cadro dos equipos modestos cobran... ou van cobrando. Os xogadores dos equipos pobres cobran de cando en vez... e cando cobran. Os xogadores do Reus levan tres meses sen cobrar. Os xogadores do Reus teñen Pingas de Orballofamilias. E aínda que non teñan familias, teñen dereito a cobrar porque traballan o mesmo que os galácticos, que os bos e que os modestos. O outro día, no partido Alcorcón-Reus, quedaron achantados no campo durante o primeiro minuto, en protesta por un soldo que merecen coma outro xogador calquera. O fútbol é un xogo, pero é o seu traballo. O Alcorcón, nese minuto, puido marcar. Dedicouse a pelotear dentro da súa propia parcela en solidariedade cos seus compañeiros de traballo. Eu, agora mesmo, dáballe o famoso “xogo limpo” ó equipo madrileño. Eu, agora mesmo, collía ós responsables desa situación tan desastrosa e sacáballes os cartos das asaduras. Que non é un mes sen cobrar, señores, que son tres meses xa.

O pesadelo do Real Madrid

Sigo a traxectoria de David Ferreiro coma se fose un parente. Non é parente, pero é veciño (O meu concepto de veciñanza pode estar á altura do familiar). Intento ver os seus partidos para poder gozar do seu fútbol, que é moito. O domingo pasado, contra o Real Madrid, xa me sentei ante o televisor con media hora de antelación. Non fose que no café me pillasen as boas mesas. Tívenas todas á miña disposición. Despois, o mellor, estaba por chegar. Chegou a actuación estelar do rapaz. Nin esaxero nin me deixo invadir pola emoción; pois tanto os comentaristas da televisión coma tres mozos que estaban na mesa de atrás e que eran do Real Madrid estaban de acordo, todos eles, de que o mellor do partido era David Ferreiro. Que estaba a ser o pesadelo do Real Madrid. Tan só lle faltou o gol (maldito Courtois!). Tamén foi moi triste que, a pesar da impresionante actuación de Ferreiro e de todo o equipo de Huesca, o Real Madrid saíse vivo do Alcoraz. O Huesca non só merecía o empate, senón incluso a vitoria. Pero xa se sabe o que pasa no fútbol... O estadio coreou o nome de Ferreiro. Un servidor deixa aquí plasmada a súa admiración por ese corre camiños de Baños de Molgas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES