Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gaiás, futuro perfecto

jueves, 22 de noviembre de 2007
Non é cousa de facer apostas, pero dentro duns anos o monte Gaiás será a mellor xoia que Galicia presente de cara ó mundo e o que sexa daquela Presidente da Xunta cortará orgulloso a cinta inaugural e presentaraa ós visitantes como o mellor logro que o seu mandato puido deparar.

Quedaran moi lonxe os traballos iniciais, as críticas pola presunta megalomanía da instalación, as acusacións de non saber que facer con esta macroinstalación que costará encher de productos culturais ou sociais de xeito que cumpra coa súa función.

Terán pasado as comisións de investigación, as pronunciacións en contra, os presupostos sobrepasados, os controles descontrolados. As manifestación dos políticos van nese sentido, sexa calquera o seu signo. Como mínimo, acabarán considerando un mal menor esta sinfonía inacabada de materiais de construcción erguidos buscando o ceo, o Olimpo, que algún día será punto de referencia da galeguidade, da modernidade, da cultura, contrapunto ás torres catedralicias convertidas en poesía pola arte de Gerardo Diego.

Cando a idea do Gaiás naceu, era un futurible. Logo foi proxecto, soño, milagro inconcluso. Agora xa é un imposible que hai que posibilitar, proxecto que hai que rematar, investimento que hai que consolidar.

Xa falta pouco. En canto a comisión investigadora remate os seus traballos, todos concluiremos en que é mellor rematar o empezado, irlle dando contido ás súas salas inmensas, acoller nos seus baleiros iniciativas dispersas, acubillar na súa inmensidade tantas ansias de protección oficial agromadas pola nosa ampla xeografía.

E na medida que medren as construccións, iremos asumindo a instalación como a meniña dos nosos ollos – antes, parece ser que só era a meniña dos ollos de Fraga- da que sen darnos conta nos iremos apropiando, da que sen darse conta os políticos se irán namorando, da que sen decatarse será a meniña dos ollos de Galicia.

Por iso, Gaiás ten un futuro perfecto. Convencerá a todos, conquistará a todos. Ó final vai ser obra de todos aínda que a capitalicen os que a inauguren.

Todo eso é igual. Agardemos que o próximo Ano Santo, Gaiás brille xa con personalidade propia e comece a ser elemento identitario dunha terra que precisa puntos de referencia pero tamén, sobre todo, puntos de común acordo como Gaiás vai rematar por ser.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES