Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Belén denuncia en Momán

martes, 11 de diciembre de 2018
Belén denuncia en MománVelaquí o Belén denuncia de Momán, onde se aprecia a falta de humanidade que fai que os ricos vivan cada vez mellor, reflectido na Sinagoga con gran luz e outros pasando falta de servizo electrico, é dicir pobreza energética... e isto leva a que en moitas casas os nenos dos pastores pasen fame e sufran desahucios.

A familia de JESÚS é un ano máis desafiuzada polos bancos e non ten sitio donde nacer e nace nun pequeno cobertizo do campo e ademas preto da opulencia do Castelo de Herodes que impide, cunha rede, pasar aos reis meigos especialmente ao negro, pola politica de inmigración, a semellanza do muro que levanta Trump.

A isto engadimos un poder corrupto, representado pola IGREXA e os politicos, ambos encarcelados por corrupción e pederastia.

Belén denuncia en MománE finalmente unha vivenda onde as mulleres son explotadas no traballo e que viviron nas súas vidas a Violencia de XÉNERO.

Este é o Belén de Momán, de denuncia das diversas situacións sociais que vivimos.

Detalle moi importante: a entrada ao Castelo está empedrada coma se fose marmol e a do portal con terra e moito musgo sen cortar.

E o castelo de Herodes, con brillantina que reloce, ten unha foto no muro coa cara de Trump, que separou os nenos dos seus pais e Herodes coa matanza dos inocentes.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES