Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non calar

miércoles, 12 de diciembre de 2018
Como diría Paco Ibáñez vivimos tempos de ignominia que intentan facer do torto dereito ideoloxizando cara ao retrógrado cubrindo de modernidade. De novo, quérese valorar o clasismo, a sumisión, a xerarquía para emprender un camiño inexorable ao silencio, un silencio que sempre é autoritario, extremista e con tinturas dun fascismo que se quere proxectar como futuro…

Esta é unha fronte multilateral que só pode ser atacada cun exército de palabras e libre pensadores. As palabras constitúen o cerne co que o libre pensamento argumenta; por iso, na medida que eduquemos para a liberdade estaremos transformando democraticamente unha sociedade que nunca calará ante a inxustiza. Neste tempo que quere impoñer o silencio como modernidade, que disfraza de porvir ao fascismo, moitos están a poñer o seu grao de area para manter o que o pobo conseguiu.

Hai dúas semanas dando aulas xurdiu o tema de que facer cando nunha entrevista de traballo che preguntan cousas que non veñen ao caso e que afectan directamente á integridade moral das persoas. Como profesionais da educación, temos que ser capaces de transmitir a necesidade de levantarse e pegar un portazo ou ben deixar claro os límites do que se está disposto a aceptar. O que está claro é que ten que haber liñas vermellas que ninguén debe rebasar e quen o faga debe ser rexeitado social e profesionalmente. Cal é o problema? Que xogan coa falta de experiencia e coa necesidade das persoas. Xuntando estas dúas premisas teñen o caldo de cultivo perfecto para o abuso de poder.

O antídoto ten que poñerse dende a universidade e dende a formación profesional. Ademais, do saberes técnicos é necesaria unha educación crítica e moral que nos leve a analizar en profundidade os nosos valores respondendo dende eles de forma xusta e equitativa. Os profesionais da educación temos a responsabilidade de formar persoas libres que non calen, voces de denuncia que se convertan nas sentinelas da liberdade e da igualdade. O silencio só se fixo á medida do autoritarismo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES