Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baixarnos da peaña

jueves, 06 de diciembre de 2018
Desde a máis tenra infancia gústanos “fachendear”.
Non sei por que; pero si.

Cada vez que nos encontramoss cunha criatura, o primeiro que fai é ensinarnos os zapatos, algo que estrea ou calquera cousa para que nos fixemos nela, para que vexamos que “destaca”.
Quere chamar a nosa atención a toda costa.
Automaticamente, felicitámola para que se sinta satisfeita e feliz.
Non podemos defraudala de ninguna maneira.

Nunha criaturiña, todo é admisible, pero conforme van pasamdo os anos; esa necesidade de ”destacar”, de “sobresaír” , de “fachendear”…parece que se vai acentuando, faise algo máis palpable.

Por exemlo:
-SE UN ESTUDIANTE SACA BOAS NOTAS É PORQUE É UN “XENIO”, PORQUE “DESTACA” DIRÁN A SÚA MAMÁ OU O SEU PAPÁ.
E ós seus avós ou padriños…”caeralles a baba”,
Pois seguramente nin será un “xenio”, nin fará máis do que debe.
Pode que se esforce moito; pero é o seu deber.
Está preparando o seu propio futuro, traballa para el ou para ela mesma.
Non hai motivo para poñerlle un babeiro ós avós nin ós padriños.

En calquera caso HABERÍA QUE DAR GRAZAS POR NACER CON BOAS CAPACIDADES E TER A OPORTUNIDADE DE EMPREGALAS.
Outras persoas nin nacen con tantas capacidades nin teñen os medios necesarios para empregalas.
Temos que dar grazas por nacer no país onde nacemos, ter a famila que temos e as oportunidades que se nos presentan.

Se miramos as caravanas de tantas e tantas persoas que se ven obrigadas a “ABANDOAR A TERRA QUE AS VÍU NACER” para buscar outra vida mellor…
Comprobaremos que outras persoas non teñen a sorte que temos nós; por moito que nos queixemos.

-SE UN XOVE OU UNHA XOVE NACERON CON CERTA CAPACIDADE INTELECTUAL E A FAMILIA PODE PAGARLLES UNS ESTUDIOS SUPERIORES :
Non é para presumir diante do veciño que non ten esa capacidade nin a súa familia ten tanto poder económico.
Andando o tempo; a persoa estudiada pode necesitar os servizos da outra e esta necesitar a orientación da primeira para según que cousas.
Que boten unha ollada estes xoves a tantos e tantos que se ven obrigados a pasar fronteiras ocultos en camións:
Soíños, sen cartos, sen documentación…
Que boten unha ollada a eses que esperan nos andares das comisarías de policía ou nos centros de menores.

-SE UN/UNHA EMPRESARIO/A GAÑOU MOITOS CARTOS COA SÚA EMPRESA PORQUE FOI UN GRAN EMPRENDEDOR/A E TOCÁRONLLE TEMPOS DE BONANZA ECONÓMICA:
Non ten por que “subírselle os fumes” porque tampouco é todo o mérito del ou dela: os obreiros desde o máis ata o menos especialiazado; tamén aportaron a súa parte.

E non digamos nada se os obreiros teñen unha xornada laboral de moitas horas en condicións incómodas e cobrando un salario que escasamente lles dá para comer.

Certamente que non somos todos iguais, nin loitamos todos co mesmo empeño, nin temos todos as mesmas prioridades; pero á hora da verdade, todos tomamos parte neste mundo no que, dunha maneira ou doutra, TODOS DEPENDEMOS DE TODOS.

E se botamos unha ollada ó noso pasado e ó pasado dos nosos ascendentes, seguramente deberíamos volver á orixe e poñer os pés na terra.

“POÑER OS PÉS NA TERRA”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES