Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O modelo Sajón

jueves, 06 de diciembre de 2018
Hai xa uns días tiven o placer de compartir mesa e mantel cun directivo dunha importantísima empresa do sector da construción a nivel nacional durante a entrega dun recoñecemento a un empresario en grao sumo relevante do leste o noso país.

Con sinceridade, foi unha conversación cómoda, o resto dos comensais participaron na conversación de forma proveitosa e -sexamos francos- o directivo significa en moitas ocasións ser o vendedor da marca e por tanto a empatía e a facilidade de palabra deberían ser calidades innatas, neste caso o eran.

Nun momento dado, a conversación versou sobre os discursos do empresario homenaxeado que falou sobre o peso da burocratización que entorpece o crecemento empresarial e a do presidente da Xunta que insistiu sobre a importancia da creación de empregos aos empresarios do sector.

O directivo afirmaba que as marxes de beneficio principalmente en obra pública eran tan axustados que para que fose rendible a única fórmula posible era a da subcontratación de terceiras empresas para executar o servizo. Iso, o que implica é que non se procede a contratacións directas e por tanto non se crea máis emprego aínda que si é certo que xera e mantén o existente.

Un avogado que participaba na conversación indicou que xa a lei estaba a limitar esta práctica e que xa non se permitía a subcontratación máis aló do terceiro nivel, é dicir máis aló de tres subcontratistas por contrata.

Evidentemente iso orixina que empresas principais teñan unha estrutura lixeira de persoal e que cando consigan unha obra armen equipos de traballo con empresas auxiliares que executen en diferentes fases o mesmo. Economicamente é rendible pero non arma empresa cun persoal amplo de traballadores.

O directivo finalmente sentenciou que é certo, pero que hai que xerar beneficio,. As empresas, certo é, non teñen como finalidade o crear emprego senón xerar beneficios axustándose ao marco legal establecido. En moitas ocasións os poderes públicos instan ás empresas a xerar emprego, esquecendo que a empresa non ten como obxectivo xerar emprego senón beneficios e que a contratación de traballadores realízase por necesidade de aumentar os seus recursos humanos para afrontar os traballos que cos medios dispoñibles non pode afrontar.

É unha función dos poderes públicos a de orientar ao mercado co consenso das empresas e dos traballadores, agrupadas nas súas respectivas asociacións e sindicatos. Para que rendibilidade e contratación sexan sinónimos. En caso contrario aproximarémonos a un modelo de destrución do presente marco das elaciones labores e unha aproximación ao modelo Sajón.
Feijoo, Arán
Feijoo, Arán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES