Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Venres negro e explotación infantil

lunes, 26 de noviembre de 2018
Por fin rematou a Fin de Semana Negra! Si, porque do Venres Negro xa pasamos a varios días... negros. Empezamos a desbarrar en todo. Os luminosos do Nadal xa se adiantan un mes. Do Halloween ou Samaín empezamos a sacar pólvora, pólvora mollada pero pólvora. Os días de consumismo a vurullóns avanzan de tal maneira nos calendarios que está chegando o momento en que non te deixan respirar: día do pai, día da nai, día dos namorados, día dos Reis, día do Papá Noel. A esta marcha aparecerá o día dos crucificados. Porque crucificados estamos quedando con tanto gasto superfluo e inútil.

Venres negro e explotación infantilO do Venres Negro, a maiores do estrago consumista, é de auténtica incultura castelá. Non chegaba con que nos meteran polos ollos o histerismo dos descontos, que nos recalcan unha e outra vez que se chama Black Friday. Hai que recoñecer que somos parviños de verdade. A prensa, moito máis. Porque nós ó ver escrito Black Friday, lemos Black Friday. Se escribiran Venres Negro, leriamos Venres Negro. Hai que recordarlles a eses listiños que Black Friday ten tradución. Ata o sei eu, co meu pobre inglés dos anos setenta.

Un rapaz de Ames quere traballar para poder ir de excursión a Londres. E para iso fixo un cartel ofrecéndose para a realización de diversos traballos. A todo o mundo lle emocionou a iniciativa do cativo. Pero sempre hai algúns que lles buscan as reviravoltas ós desexos do rapaz e deixan caer comentarios sobre un posible caso de explotación infantil. Para min, o detalle está no da explotación infantil. Venres negro e explotación infantilFíxome graza. Porque explotación infantil era a que había antigamente; que saías da escola e liscabas coma un foguete para a leira a sachar no miño ou nas patacas ou cargar feixes de ferraia. Pois aínda así, eramos felices. Naqueles cinco minutos que saías a xogar á aira non se che daba por pensar para nada en que viviamos coma escravos.

Era unha escravitude bonita. Todo se está pasando un pouco de contexto. O que acontece, por exemplo, cun simple azoute nun cativo. É certo que non se debería levar a cabo, pero tamén é verdade que cun azoute, ás veces, apréndese moito. Non sexamos tan samaritanos. Porque o neno de Ames recolla unhas follas ou pasee a un can, non vexo eu tal asunto como explotación. En tal caso, como vivencia útil.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES