Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Seguimos vulnerando os dereitos dos animais

viernes, 16 de noviembre de 2007
La Voz de Galicia publicaba hoxe 15 de novembro como Manuel García, un muxián afeccionado á caza, decide ir pescar cun amigo pola zona de Touriñán, onde atopan un xabaril no mar ao que deciden dar caza. A descrición dos feitos, que poden atopar no xornal de dito día, déixoa para os amantes das películas de terror. É horríbel ler con todo luxo de detalles, como dúas persoas acosan e perseguen ate a extenuación a un animal cuxo hábitat non é evidentemente a auga, onde debeu posíbelmente chegar de xeito accidentado escapando de calquera perigo, un animal que desesperadamente loita pola súa vida, mais non consigue chegar á terra firme, porque dúas persoas deciden que ese vai ser o último día da súa vida.

Aparte do rexeitamento absoluto cara o mal chamado deporte da caza, que na asociación pola protección animal ABEIRO compartimos sen ningunha excepción, queremos hoxe denunciar, publicamente, mais tamén ante o SEPRONA, a comisión de diferentes delictos polo señor García e o seu acompañante:

1. O xabaril, que non estaba atentando contra a vida de ninguén, ao contrario, estaba intentando salvar á súa propria regresando á terra, foi asasinado cuns coitelos cedidos por uns submarinistas practicantes de pesca submarina que estaban pola zona, co cal estamos coa “caza” dun animal cunha arma non regulamentaria.

2. Aínda que nos atopamos en plena tempada de caza, os únicos días permitidos para a mesma, son o xoves e o domingo. Non parecen ser ningún deses dous días cando sucede o feito.

3. O xabaril é un animal considerado cinexeticamente como “caza maior”, e para a súa caza precísase autorización, non podendo realizarse de ningún outro modo.

Pese á existencia destes delictos, os feitos son narrados alegremente, como se dunha película de aventuras se tratase, onde dous valentes homes loitan dunha maneira desigual contra unha besta, e cito textualmente “ignorando el mortífero poder de los revirados colmillos del puerco, capaces de desgarrar en segundos a un perro de caza se dispusieron a su captura. A falta de escopeta, un gancho de los usados para subir a bordo las capturas pesqueras sirvió para hacerse con el control del animal...” Sen comentarios. Por suposto que a loita foi totalmente desigual, pero non precisamente para os dous bípedos que ían na lancha.

Unha vez máis, desde Abeiro condenamos enerxeticamente a tortura e a morte inútil dun ser vivo. Un animal aterrado e desorientado que posíbelmente só buscaba a maneira de chegar á súa casa non pode ser torturado sen ningunha consecuencia para os culpábeis. Feitos como este deben avergoñarnos, mais deben tamén valer para facernos reflexionar acerca de como a nosa sociedade está tratando a tantos seres vivos. Na nosa man está cambiar esta realidade.

Susana Romero
Presidenta Asociación pola protección animal ABEIRO
Asociación Abeiro
Asociación Abeiro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES