Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paraíso Sacro

lunes, 12 de noviembre de 2018
Érase un lugar que algúns homes elixiron para contemplar a natureza, para escoitala, para escapar doutros homes. É moi axeitado dicir que se sentiron ditosos porque descubriran un paraíso terreal en vida, un espazo vizoso, verde, moi verde, agarimado por un río, onde non habitan animais perigosos, nin era batido por un clima violento. A vida, nesas condicións, debeu resultar axeitadamente garimosa.

E eses homes construíron pequenos mosteiros. Colleitaron na contorna os alimentos necesarios para a súa mantenza. De gran valor o viño, aprezado quizais porque lles axudaba a achegarse a Deus. O viño destas ribeiras, non é que o diga eu, senta ben ó corpo, e, aínda no caso de que se abuse del, collerase unha aledreta, pero o durmir unha pequena soneca, queda un novo, como se nada fose.

Rezaban, traballaban, axudábanse uns a outros, e non parecían ter outra ambición que disfrutar dese paraíso. Co paso de moitos séculos, estas terras coñecéronse como Ribeira Sacra. Moi ben podería chamarse Paraíso Sacro.

Outros habitantes chegaron polo lugar. Non demasiados. O home mesturouse con esa natureza en pequenas doses. Non xurdiron cidades nin camiños no seu interior de certa importancia, nin se asentaron esas industrias que trocan e deterioran a paisaxe. No seu interior só se multiplicaron viñedos plantados en lugares insospeitados. Co paso dos séculos, aqueles monxes, dos que hai unha constancia xuiciosa e misteriosa, deixaron os seus mosteiros e ese viño singular como a máis sólida herdanza do seu paso polo lugar.

E esa herdanza chegou ate os nosos días. Agora que a televisión, que as competicións deportivas, que o turismo, contribúen a difundir a fermosa paisaxe deste recuncho do corazón de Galicia como si fora un recente descubrimentos, convén protexelo. Cabería pensar se en realidade aqueles monxes foron humildes gardáns do paraíso.

Agora que non están, fagamos nós esa laboura.
Gómez, Luis
Gómez, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES