Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Lareira de soños lamenta a hipocrisia da Deputación Provincial e o pasotismo do concello cos frescos dos Vilares

jueves, 08 de noviembre de 2018
V SÉCULOS DE NÓS/FRESCOS DOS VILARES
#SalvemosOsFrescosDosVilares

Atendendo ao informe da Oficina do Valedor do Pobo de Galicia, pola queixa presentada pola Asociación Sociocultural Lareira de Soños, lamentamos a postura hipócrita da Deputación Provincial de Lugo, que ten visitado os frescos en dúas ocasións e con deputados diferentes acompañados da alcaldesa de Guitiriz que se comprometeron verbalmente en diferentes ocasións a tentar solucionar o deterioro dos Frescos non só nas visitas ás pinturas senón en diferentes reunións no pazo provincial. Que o A Lareira de soños lamenta a hipocrisia da Deputación Provincial e o pasotismo do concello cos frescos dos Vilaresargumento sexa que non restauran monumentos de propiedade da igrexa, é unha mentira cando sabemos que teñen restaurado numerosas obras relixiosas na provincia ben directamente ou a través de colaboracións económicas, frescos en igrexas incluídos.

Por outra banda, que o concello leve meses sen contestar aos requerimentos da Valedora do pobo cando é de obrigado cumprimento, supón unha irresponsabilidade tratándose de patrimonio catalogado no seu termo municipal con serio risco de desaparición e unha antigüidade de máis de cinco séculos.

Resulta lamentábel ver que cuestións de tipo político primen sobre o patrimonio de todos, ao máis rancio estilo caciquil e que lembra os vellos tempos da provincia.

Desde a Lareira de Soños agardamos que a responsabilidade e o ben común prevaleza e as diferentes institucións colaboran na salvación destas importantes pinturas renacentistas da Terra Chá, cuxo custo de recuperación non superará os 90.000€, cifra asumible para as institucións implicadas e que evitaría a perda de tan importante obra de arte.

De non seren así, a Asociación Sociocultural Lareira de Soños seguirá adiante coa súa campaña de Crowfunding a partir do mês de Febreiro para sensibilizar sobre o valor dos frescos da autoría do Mestre de Parga e que sexa a xente abandonada polas institucións que din representar, quen recupere as pinturas dos Vilares.

Seguiremos mentras esixindo o cumplimento do compeomiso parlamentar e demandando o entendemento entre as diferentes institucións responsábeis, Igrexa, Deputación, Xunta e Concello para a salvación das pinturas murais da igrexa de San Vicenzo (S.XII) e a posta em valor do conxunto monumental nas Reixas como activo económica, turístico e relixioso da parroquia de Díaz Castro.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES