Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manolo Lombao: A amizade vive na cerna dun

lunes, 29 de octubre de 2018
O tempo é un calendario equivocado. Il non sabe medir os sentimentos nin reconoce no camiño do home as pegadas no chán e o sangue que mama e alimentan a cerna. Si vinte anos non son nada, dazaoito, os que levaba eu sen ver a Manolo Lombao, tampouco rompen as amarras da verdadeira amizade e as arelas comúns de amor sincero á nosa Terra.

E a outras. Porque, sendo certo o de Rilke que a patria do home é a infancia, non menos certo é que o sangue que nos doa a terra, e que se zouga no camiño de cada un,tamén vive na súa alma e, amando a NOSA, non se rexeita a que nos acolle senón que tamén a queremos.

Dicía Aristóteles que a amizade é unha alma que vive en dous corpos e un corazón que habita en dúas almas. Pois ben, ambalas dúas sofriron, perto no tempo, as bágoas de Pedrafita, que non eran precisamente choiva, e seguiron o camiño de terra allea, non para conquistala, senón na procura do pan e o lar.

Terra allea, por outra banda, repítoo, garimosa e xenerosa con ámbolos dous.

É soño de tódo-los emigrantes vivir no seu lar, pero han ser outros homes os que o fagan posible. Naqueles primeiros anos setenta a estructura social galega acotaba en demasía as oportunidades de vivir en liberdade e sen servilismos as nosas vocacions.

O camiño machadiano fuxeu da fraga dos caciques e arou terra erma, onde o súor regou terra seca e fructificou nunha vida nova. Os homes non reparan nas espiñas, nin cansan, aínda que non coñezan a esperanza. Iles saben segui-lo guieiro dos soños e vivir dereitos e no maleteiro das costas gardan a dignidade e o valor.

Nisa nova fraga de formigón que é Madrid cada un escolleu rúas e escoitou ladrar os cans sumerxido nas presas do cotidián subsistir; máis foi o barrio de Usera, curiosidades da vida, sen saber un do outro, a nosa primeira parada e fonda. Terra de obreiros, emigrantes e onde a colza fixo desmesta.

Eran tempos duros, pero cheos de ilusions. A democracia era unha picara nova moi atractiva e pouco a pouco habituámonos a vivir con ela e para ela e así namorarnos, aínda coa súa imperfección. Sempre termando, sempre loitando por ela fartos como estábamos daquel Franquismo, que aínda fede hoxe e que quer rexurdir entre vividores nostálxicos e ignorantes.

Naquel camiño noso, Manolo Lombao, adicouse en corpo e ialma a Galiza.

Xornalista que amosou unha personalidade clara, un corazón tenro cos desfavorecidos, un xeito de vida acorde a isa convicción propia de crer na sociedade e, con isa vasta cultura, dese xeito involucrouse como alma mater en moitas actividades que tiveron a Galiza como referente. Estou a falar do programa de radio: “ Galiza no corazón” , das conferencias no Ateneo, no Círculo de Bellas Artes…de tantas e tantas cousas que levaran por nome Galiza. (Nestas cousas sempre estábamos os mesmos).

Non vou falar dos seus cargos na televisión, nin dos seus estudios, nin dos seus programas, nín dos traballos, nin dos premios… eso deixoo para os que miden as persoas por ises paramentros. Eu falo de Manolo Lombao o amigo. Un dos poucos homes que me engaiolaron co seu esforzo, coa súa constancia, coa súa loita, co seu servicio público, coa súa capacidade de traballo, coa súa humildade, coa súa acesibilidade, coa súa disposición a colaborar en todo aquelo que faiga falta. Con Galiza como soño e bandeira.

Manolo Lombao foi ilustre Pregoeiro do San Froilán de Lugo no 2018 e nil amosou, no seu berce, a súa verdadeira personalidade cun fermoso pregón recordando a súa orixe homilde, o valor de súa Mai, o agradecimento ós seus valedores, o seu paso polo Seminario, o seu vangardismo en radio Popular de Lugo… para despois gabar o valor da muller, nunha aposta fermosamente clara polo feminismo, as grandezas do seu Lugo desde a súa Historia ata o Breogán, sen esquecer persoeiros ilustres coma os insignes poetas Pimentel e Manuel María.

Sempre pioneiro na defensa das libertades soupo ser periodista fuxindo de acomodadores vitais, para seguir sendo Il (con maiúscula) adalid de moitas causas xustas. Certamente, amén de servicial, sempre é sincero, tén memoria e gratitude para os que souperon querelo na súa vida e vive erguido na defensa das súas ideas que son democráticas, respetuosas , como tamén amosou no Pregón- ante a protesta dos que queren o derribo do edificio do Garañón- e cheas de auténtica sabiduría.

Gracias, Amigo. Sentín enorme ledicia saber que o teu Lugo, aquel que queres tanto e tanto loitas por il, acordarase de que as Festas de San Froilán poidesen ter en ti tan digno pregoeiro. E acertaron de cheo.

Apertas fondosos e xa sabes onde me tedes ti e a túa familia.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES