Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No camiño está a felicidade

jueves, 18 de octubre de 2018
Se fixeramos unha consulta para preguntar que é o que máis desexamos, seguramente a resposta máis xeralizada sería a FELICIDADE.

Todos queremos ser felices.
Todos corremos en busca da felicidade.
Todos facemos cousas que pensamos que nos levarán a ser felices.
Todos pensamos que a felicidade é un ben a alcanzar.
Todos pensamos que a felicidade está ó remate do camiño.
Todos pensamos que a felicidade un día ou outro chamará á nosa porta.

Certamente que a felicidade plena nesta vida non se produce porque sempre haberá algo que mellorar; pero aínda así estamos chamados a ser felices.

PERO A FELICIDADE TEN UN PREZO.
Se a felicidade se nos regalara gratuitamente, non a valoraríamos.
A felicidade tamén necesita o seu cultivo.
Cultívase no camiño da vida.
Cultívase e disfrútase ó mesmo tempo.
Cultívase, dándoa ós demais, porque do que se dá, eso mesmo se recibe.
HAI FELICIDADE PARA TODOS E NON COSTA CARTOS.

Unha criatura é feliz::
-Cando está xogando con algo que absorbe por completo a súa atención.
-Cando está lendo un libro que lle gusta.
-Cando aprende unha nova operación matemática.
-Cando descubre algo novo.
-Cando disfruta cos amigos.
-Cando a felicitan polos seus progresos.
-Cando os proxenitores lle dedican tempo.
-Cando se sente querida….Etc, etc…

UNHA PERSOA ADULTA É FELIZ CANDO TEN A CONCIENCIA TRANQUILA.
Para ter a conciencia tranquila cómpre que os seus pensamentos, as súas palabras e os seus actos estean de acordo coa moral, coa ética, coa lei e coa súa relixión, en caso de tela.

Cumprindo o mellor que poida coas súas obrigacións persoais, familiares e sociais.
Eso si: non pensar nunca que a nosa maneira de proceder é perfecta, nin que vai agradar a todas as persoas coas que nos atopamos pola vida.

Do mesmo xeito que cada persoa ten a súa maneira de ser; tamén:
-DEBE COÑECERSE a si mesma cada día algo máis, conforme se vai relacionado coas outras.

As outras persoas descubren en nós defectos dos que, a mauoría das veces, non somos conscientes; porque “É MÁIS DOADO VE-LA PALLA NO OLLO ALLEO QUE A VIGA NO PROPIO”, según dí a Sagrada Bibllia.

-DEBE ACEPTARSE, aceptar as súas limitacións e os seus defectos sen considerarse superior nin inferior a ninguén.
Sendo sencillamente: diferente.
Sendo tal como se é. Sendo un mesmo.
Valorando moito todo canto de positivo nos dá a vida e sendo moi agradecidos.

Sempre hai moito que agradecer: o primeiro a vida e a continuación o resto.

-E DEBE SUPERARSE como dicía o santo Agostiño.
Se non nos superamos, tampouco evolucionamos.

Como queremos evolucionar, porque é o que nos convén, temos que aceptar e agradecer con humildade as correccións das persoas que máis nos queren.
E NESE AFÁN CONSTANTE DE IR MELLORANDO UN POUQUIÑO CADA DÍA, XA IMOS ENCONTRANDO A FELICIDADE.

O pobre debe ser feliz coa súa pobreza e o rico ca súa riqueza.
Aínda que: hai pobres que son ricos e ricos que son pobres.
“PARADOXAS DA VIDA”

Este será o título do seguinte artigo.

Polo que a min me toca:
Dou grazas a Deus por tantos e tantos bens que me dá cada día e pola riqueza que me proporcionan as persoas que me rodean.
Estar e sentirse rodeada de boas persoas é unha gran riqueza: UNHA BOA RACIÓN DE FELICIDADE.

Grazas a vostede, por ser unha delas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES