Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Navalla do Manuel

miércoles, 10 de octubre de 2018
Moitas grazas a todas e todos os que me compañades hoxe. Primeiro a Marica polas sua palabras que son exaseradas froito da amizade e do coñecemento de tantos anos.

Quero seguir coas grazas a Xermolos e a directiva do patronato por acordarvos de min. Epecial mención a Alfonso que está a pasar momentos delicados dos que sairá fortalecido como fixo sempre, e o traballo fundamental que fan a prol da cultura do país A Navalla do Manuele a defensa da nosa lingua. Cantas figuras importantes e da propia Terra Cha quedarían totalmente esquecidas se eles non estivesen sempre ahí para defendelas.

Manuel María. Como me gosta telo coñecido e poder aprender tanto del especialmente o orgullo de nós mesmos como galeg@s e da nosa terra. Sabía del de sempre pero persoalmente coñecino a mediados dos 80 cando Lois Dieguez os trouxo a el e a Saleta á miña casa en Adai. Recordo ese dia, a impresión que me producirá o seu saber, a súa memoria fabulosa, e que soubera mais ca min da Porta da Estación onde eu nacin en Lugo, dos meus pais, de todo. Era unha delicia estar con el.

E por último mencionar o que me contenta recoller este premio aquí, en Santa Isabel, porque para min este lugar e tamen un pouco meu . Espero sempre recibir a chamada de Xaneco a finais de xuño para a comida cos compañeiros do Bng de Outeiro e os/as amigo@s que se suman e -se podo- saudar á familia de Manuel de Outeiro, xente boa con ese sentido da hospitalidade que sempre houbo no noso país e dos que eles fan gala, Josefa e Carmiña e Tonecho e toda a súa familia. Mentras haxa xente así, a nosa cultura está a salvo.
Moitas grazas

(Palabras de Branca Rodríguez Pazos en Santa Isabel de Outeiro de Rei, ao recibir A NAVALLA DO MANUEL, concedida por Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá).
Rodríguez Pazos, Branca
Rodríguez Pazos, Branca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES