Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outra etapa a superar

jueves, 11 de octubre de 2018
Hai multitude de etapas:
Calquera cousa que fagamos, consta de varias etapas.
Se imos superando de etapa en etapa; xa é o mellor que podemos facer.

A estas alturas do ano, xa superamos a primavera e o verán.
Agora emprendemos o outono.

O outono ten os seus encantos:

-A recolleita dos froitos do campo como recompensa ós esforzos das persoas que lle dedican as súas forzas.
Persoas ás que temos moito que agradecer porque, grazas a elas, comemos todos.

-O comezo do curso escolar para superarse e avanzar en coñecementos.
Os docentes fan un gran servizo á comunidade.
Sen a súa axuda …
¿Cómo serían as nosas vidas?

-A volta á vida normal, a rutina cotiá, o día a día.
Volver con ben á vida normal é un regalo do ceo, unha bendición.

¡CANTAS PERSOAS NON VOLVEN OU VOLVEN EN MALAS CONDICIÓNS..!

-As paisaxes vistense de tonalidades preciosísimas que recrean a nosa mirada ata quedármonos maravillados de tanta beleza e sabedoría como ten a nai natureza.

Cada etapa da vida e cada estación do ano ten as súas particularidades, os seus encantos, os seus días claros e os seus días grises.
PERO SEMPRE, SEMPRE HAI QUE CONSERVA-LO OPTIMISMO, POÑENDO TODAS AS NOSAS FORZAS Ó SERVIZO DA ETAPA QUE NOS TOCA VIVIR.

A estas alturas do ano:

O mundo estudiantil xa está metido en materia, unha materia chea de sorpresas que irán iluminando as súas mentes para enfrontarse a un futuro moi prometedor.

Un futuro que nos construirá esta xuventude estupenda que na escola ou no taller está labrando un futuro cada día mellor para todos.

Ben seguro que o farán moi ben porque antes xa o fixemos outros e con bastantes menos medios.

ESPERAMOS MOITO O MOI BO DA XENTE NOVA DE HOXE EN DÍA.
Certo que teñen moitos retos que superar, pero superaranos e darán un pulo moi importante cara adiante.

Por outra banda o mundo laboral está a pleno rendemento.
Grazas o traballo de todas as persoas que están en idade de traballar, o mundo avanza e progresa, porque, do traballo sae todo.
¡Vaia que se progresa!

Lástima que non todas as persoas poidan disfrutar desa maneira tan natural de realizarse.

E ben certo que hai quen non encontra traballo do que lle gustaría facer; pero tamén é ben certo que hai quen non se espabila o suficiente para encontralo.

Este verán pasado, preguntáballe a unha nai polos seus fillos adolescentes que se atopaban de vacacións escolares.
A resposta da nai foi contundente:
“NA NOSA CASA, O QUE NON TRABALLA, NON COME”.
“ASÍ DE CLARO”

Non precisei preguntarlle nada máis; aínda que ela me explicou o que estaban facendo.

Pensei para min:
¡QUÉ BEN MARCHARÍA O PAÍS SE ESA NORMA SE APLICARA EN TÓDALAS CASAS!

E para as persoas en idade de xubilación, tamén hai deberes, e moitos:
Cónstame que hai moitos avós e avoas que sabiamente manteñen as familias unidas grazas a que son eles os que levan as criaturas ó colexio, os que fan o xantar para todos, os que cultivan nas súas hortas (os que as teñen) produtos de primeirísima calidade para alimentar a toda a familia.

Estes avós e avoas, merecen un monumento dentro do seo da familia e tamén a nivel social.

Están aproveitando os últimos cartuchos das súas vidas en beneficio de familia e da comunidade.

¡Fan un gran servizo!

Certo que tamén precisan o seu repouso, a súa vida de ocio e de relación coas persoas da súa idade.

POR ESO HAI FILLOS E FILLAS QUE FAN CANTO PODEN POR LIBERALOS CANTO MÁIS MELLOR.
Eses fillos tamén saben moi ben o que teñen que facer.
Pero tanto nenos, como xoves, como adutos, como anciáns estamos dispostos a facer canto máis poidamos por superar esta etapa da vida.

Sigamos facendo camiño, porque no camiño está a felicidade.

“NO CAMIÑO ESTÁ A FELICIDADE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas polas etapas que deixa superadas e moitas forzas para as que lle quedan por superar.

Pasiño a pasiño iremos facendo o que corresponda en cada etapa de camiño.
E graciñas tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES