Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cumpro 50 anos

lunes, 08 de octubre de 2018
Cumprinos o pasado día seis de outubro de 2018, co que o nacemento tivo que producirse o mesmo mes e día de 1968. Así foi.

Non é que pretenda quitarme anos, que de idade cronolóxica non falo, senón que o pasado sábado cumprín medio século da publicación do meu primeiro artigo na prensa, falando do San Froilán, precisamente ao día seguinte da celebración da festa grande de Lugo.

Cumpro 50 anos
Certo que xa daquela era maior de idade (que naquel tempo se acadaba aos vinteun anos) pero para min, que xa recibira un afortunado e feliz bautismo de radio que me convertiría en radiofónico para sempre, ver en letras de modo un artigo meu foi un acontecemento feliz, como unha paternidade xornalística que aínda que logo se multiplicase por miles produciume un impacto inesquecible, e gardo aquel Ideal Gallego, como ouro en pano.

Que na redacción coruñesa se esqueceran de poñer o meu nome e quedara o texto como un anónimo lucense non restou nada ao meu entusiasmo. E cando cos mesmos ollos febles, cincuenta anos máis vellos, releo aquel texto primeirizo, miro con tolerancia aqueles balbuceos de rapaz ilusionado para comprobar que manteño aquela mesma ilusión que os anos non mermaron senón que agudizaron con milleiros de experiencias, tropezos, mínimas victorias, que fan que por fóra se agoste a figura pero por dentro os ánimos sexan igual de inquedos e cheos de fame de experiencias, de coñecementos, de información.

Estes cincuenta anos pasaron como un suspiro. E sen embargo aquel mundo case nada ten que ver con este de hoxe. E aquel rapaz de entón – que podería por anos ser meu neto- só pode ser entendido polos que (como dixo o Conde Arnaldos) cantan a miña canción por camiñar comigo pola vida que nos leva e que, ouh paradoxo!, somos nós os únicos que podemos tentar gobernar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES