Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sétimo mandamento

martes, 02 de octubre de 2018
«Non roubarás» (Ex 20, 15; Dt 5,19).

«Non roubarás» (Mt 19, 18)


O sétimo mandamento prohibe tomar ou reter o ben do próximo inxustamente e prexudicar de calquera xeito ao próximo nos seus bens. Prescribe a xustiza e a caridade na xestión dos bens terreos. Con miras ao ben común esixe o respecto do destino universal dos bens. O PAZO DE MEIRAS FOI USURPADO Á FORZA POR FRANCO AO POBO, NO ABUSO DA SUA AUTORIDADE, que eu penso ilexítima.

O destino universal dos bens continúa sendo primordial, aínda que a promoción do ben común esixa o respecto da propiedade privada, do seu dereito e do seu exercicio. A FAMILIA DE FRANCO TEN QUE RESPECTAR O BEN COMÚN, NESTE CASO, O PAZO DE MEIRÁS PARA CUMPLIR O DESTINO UNIVERSAL DUN BEN COMÚN.

A autoridade política ten o dereito e o deber de regular en función do ben común o exercicio lexítimo do dereito de propiedade (cf GS 71, 4; SRS 42; CA 40; 48).

O sétimo mandamiento prohibe o roubo, é dicir, a usurpación do ben alleo contra a vontade razoable do seu dono. NESTE caso, do Pobo.

Toda forma de tomar ou reter inxustamente o ben alleo, aínda que non contradiga as disposicións da lei civil, é contraria ao sétimo mandamiento. Así, reter deliberadamente ben "prestado", mellor dito, USURPADO á FORZA.

Son tamén moralmente ilícitos, a especulación mediante a cal se pretende facer variar artificialmente a valoración dos bens co fin de obter un beneficio, por parte da familia de Franco, en detrimento alleo; a corrupción mediante a cal se vicia o xuízo dos que deben tomar decisións conforme a dereito; a apropiación e o uso privados dos bens sociais dunha comunidade; Inflixir voluntariamente un dano ás propiedades públicas é contrario á lei moral e esixe reparación.

A xustiza conmutativa distínguese da xustiza legal, que se refire ao que o cidadán debe equitativamente á comunidade, e da xustiza distributiva que regula o que a comunidade debe aos cidadáns en proporción ás súas contribucións e ás súas necesidades.

En virtude da xustiza conmutativa, a reparación da inxustiza cometida esixe a restitución do ben roubado ao seu propietario, neste caso, O PAZO DE MEIRÁS E DO POBO GALEGO.

Jesús bendixo a Zaqueo pola súa resolución: Si en algo defraudei a alguén, devolvereille o cuádruplo? (Lc 19, 8). Os que, de xeito directo ou indirecto, se apoderaron dun ben alleo, están obrigados a restituílo ou a devolver o equivalente en natureza ou en especie si a cousa desapareceu, así como os froitos e beneficios que o seu propietario obtivese legítimamente dese ben. Están igualmente obrigados a restituír, en proporción á súa responsabilidade e ao beneficio obtido, todos os que participaron dalgún xeito no roubo.

A Igrexa rexeitou as ideoloxías totalitarias, como no caso que estamos falando, DA DICTADURA FRANQUISTA.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES