Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Socialterraplanismo

jueves, 27 de septiembre de 2018
Aló pola primeira era do ano 2018 colleu bastante forza a través da internet unha especie de teoría conspiranoica que postula que a Terra é plana e que a NASA e outras entidades gubernamentais nos enganan co falso mito da “Terra bóla”. Sen entrar en máis detalles, a cousa en si ten bastante gracia, máis aínda cando estes “argumentos terraplanistas” reciben apoios tan relevantes dentro do eido científico como os de bisoños youtubers, xogadores da NBA e rapeiros norteamericanos. Tope gama, 'broda', you. Plas, plas.

O máis simpático de todo isto, por chamarlle dalgún xeito, é cando estas teses do terraplanismo se aplican á nosa vida máis cotiá, afectando dalgún xeito ao desenvolvemento das nosas actividades como humanos e como cidadáns. Vexamos un exemplo práctico.

Aló pola terceira era do ano 2018 colleu bastante forza a través das redes sociais unha especie de teoría conspiranoica que postula que hai certas entidades asociativas máis importantes que outras e que as institucións gubernamentais nos enganan co falso mito do “café para todos”. Sen entrar en máis detalles, a cousa en si ten bastante pouca gracia, máis aínda cando estes “argumentos socialterraplanistas” afectan directa ou indirectamente a moitas familias e á imaxe doutras asociacións e entidades que parten, a priori, dunha situación de equidade.

Afortunadamente, os argumentos terraplanistas son unha trapallada, polo que a Terra segue a ser unha esfera na que se dan as condicións necesarias para que poidamos habitar nela. E, afortunadamente, o eido social asociativo que temos nas nosas aldeas, vilas e cidades tamén é unha esfera na que se dan as condicións necesarias para poder cohabitar, coexistir e, o que é máis importante, convivir.

Máis en concreto, se separamos axeitadamente as esferas pública e privada (cousa que, ás veces, é complexa de delimitar) esta convivencia será moito máis sana e proveitosa para nós, o conxunto dos socialterrícolas que compartimos microhábitat. 'Quod erat demostrandum', os argumentos firmes, o diálogo e a boa vontade adoitan valer máis que caprichos e pataletas de pouco fundamento e escaso valor científico. 'Eppur si muove', como dixo o outro...
Domínguez, Baruk
Domínguez, Baruk


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES