Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Calderón de la Barca e as Terras de Lemos

F. Guitián, Luis - viernes, 02 de noviembre de 2007
Caldern de la Barca e as Terras de Lemos No balcón do Sil: Calderón de la Barca e as Terras de Lemos

Son propietario dunha carta que con data 1 de Decembro de 1969 dirixiu Carlos Martinez-Barbeiro, naquel intre Xefe de programas culturais de TVE ó Cura Párroco de San Salvador de Neiras-Sober. Na devandita misiva indicase que hacia 1575 ou anos máis tarde nacera nesa parroquia María de Arce Solórzano, filla de Gaspar de Arce Solórzano e de dona Catalina López de Gondar, e que entre outros hirmans tivo un chamado Juan e outro chamado Gaspar. A dita María casou andando o tempo con don Pedro Pérez Calderon de la Barca. Na carta referenciada solicitase todo tipo de documentación eclesiastica e datos sobre familias que poideran posuir calesquera dos apelidos referenciados, todo elo para un traballo que se estaba a facer naquel intre. En moitas ocasións se ten escrito e falado de que a muller de Calderon de la Barca habia sido natural de Neiras-Sober. Eu como soberino de pro, sinto máis que nadie ter que desmentir tal afirmación e creo que todo se debeu a unha mala interpretación da carta a que fixen referencia. En realidade o tal Pedro Pérez Calderon de la Barca non foi o coñecido dramaturgo senon un sobriño fillo duhna das suas irmás -Dorotea- nacida en 1598. Todo elo ven a ser a verdade o contrastar as datas biograficas do escritor e saber que nunca estivo casado ainda que tivo un fillo que si chegou a recoñecer.

Imos a relembrar algun dato importante da biografía dun dos máis importantes literatos do siglo de ouro español.

Pedro Calderon de la Barca naceu en Madrid no ano 1601 no seo duna familia fidalga, seu pai fora Ministro de Facenda con Felipe II e Felipe III, os 9 anos ingresou no Colexio Imperial dos Xesuitas e os 13 escribiu a sua primeira comedia. Estudou nas Universidades de Alcalá e Salamanca. Alistouse en 1625 baixo as bandeiras do duque de Alba e foi soldado en Italia e Flandes. En 1637 o rey impuxolle o hábito de Santiago e no 1651, xa maior ordenouse cura -algo habitual na época-. Foi nomeado capellan da corte, e finou en 1681. Dentro da sua producción literaria podemos citar 111 comedias e 70 autos. E o primeiro dramaturgo do teatro español, o que fixo mais obras, de mais trascendencia e mayor alcance. Por outra parte, seus sonetos con tendencia filosófica, pero moi poéticos, son harto famosos.

A pesar de todo o que non podemos negar e a relación do apelido Calderon de la Barca coas Terras de Lemos.
F. Guitián, Luis
F. Guitián, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES