Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entre todos, podemos

jueves, 27 de septiembre de 2018
Todos queremos que nos axuden cando estamos en situacións de dificultade.
¿Certo?
Claro que si.

No fondo todos queremos ser atendidos nas nosas necesidades e todos merecemos ser atendidos.

Pero…
¿Somos tan voluntarios á hora de estar dispostos a facer a vida agradable ós outros?

Certamente que hai persoas sumamente xenerosas e responsables e caritativas.
Ese tipo de persoas son as que verdadeiramente contan á hora de facer a vida máis levadeira.

Xa se sabe que non todos temos as mesmas capacidades, nin a mesma preparación, nin son iguais as circunstancias de tódalas persoas.
Podemos ser todos moi diferentes; pero, sendo como somos, todos temos unha misión que cumprir.

Esta misión consiste en:
SER FELICES E FACER FELICES ÁS PERSOAS COAS QUE NOS TOCA VIVIR E CONVIVIR.
Entonces, COMO É ALGO QUE NOS INTERESA A TODOS, todos estamos, ou deberíamos estar, ó servizo dos outros.

Cando estamos convencidos de que algo é moi importante; automáticamente, póñemonos mans á obra.

Cando hai unha emerxencia, cando hai unha catástrofe, cando hai un accidente….todos saltamos á unha.
Todos facemos o que podemos e o que sabemos.

¿Por qué?
Porque o noso corazón dimos o que hai que facer.
O NOSO CORAZÓN É MOI SABIO.
Soamente hai que deixalo obrar.
Lástima que de vez en cando nos esquezamos de escoitalo.

Xa se sabe:
-O axetreo da vida.
-A veces o noso egoísmo.
-Outras veces a nosa soberbia…

Cando a vida nos sorrí:
-É moi doado esquecerse das necesidades que teñen outras persoas ou que tivemos nós mesmos.
-É moi doado pensar que todo o monte é ourego.
-É moi doado esquecerse de mostrar gratitude.
-É moi doado…

NON PENSAMOS QUE NOS PODE CAMBIAR A VIDA EN DÉCIMAS DE SEGUNDO.
-Que llo pregunten a tantas persoas que se quedaron tetrapléxicas nun desafortunado accidente.
-Ou ás que un incendio as deixou co posto
-Ou a outras que se encontraron cunha grave enfermidade cando pensaban que gozaban dunha saúde a proba de bomba.

Estes e outros moitos problemas poden tocarnos en carne propia, poden caer dentro dos membros da nosa familia ou do vecindario ou da sociedade en xeral.
SE NOS APOIAMOS MUTUAMENTE, SOMOS CAPACES DE DAR A SOLUCIÓN MÁS AXEITADA A CADA CIRCUNSTANCIA.
Coñezo persoas que funcionan desta maneira e funcionan perfectamente.
Son persoas exemplares.
E hai moitas.
Moitas máis das que nos imaxinamos.
Grazas a persoas así a vida é sempre fermosa aínda que teña problemas.

O verán que estamos a piques de rematar, vin dúas “estampas divinas” que tocaron as fibras máis profundas de meu corazonciño.

Dúas estampas que desbordaban amor por tódolos seus poros.
Dúas estampas ás que lles quero adicar unhas palabras nun artigo a parte titulado:
“ESTAMPAS DIVINAS”

Por hoxe quero agradecer a tantas e tantas persoas que me apoian nas miñas necesidades.
Agradecer a tódalas persoas boas e exemplares todo canto fan polo ben delas mesmas e polo ben alleo.
Grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES