Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra(etiquetas)

jueves, 20 de septiembre de 2018
Hai unhas semanas merquei no 'súper' un par de botellas de viño. A miña intención era mercar viño para cociñar: algo baratiño pero dentro dos límites da potabilidade. E cal foi a miña sorpresa ao atopar unha 'referencia' por menos de 2 euros os 75 centilitros e, asemade, con contraetiqueta dun consello regulador -direi que é da provincia de Ourense para situar algo o asunto pero deixo aí a especificación para non xerar tampouco demasiadas suspicacias-.

Dáse a 'casualidade' de que ese viño, de máis ou menos calidade, foi envasado exclusivamente para esa cadea de supermercados. Non digo que se trate dunha mala praxe, pero cabe preguntarse se é equiparable este tipo de produción á doutras empresas recoñecidas que xeran riqueza e imaxe de marca para unha determinada zona vitivinícola ou á dos pequenos viñadores que sacan adiante o seu escaso milleiro de botellas co seu bo facer e co esforzo das súas mans (e do seu lombo).

Dicía o sociólogo francés Pierre Bourdieu que nas sociedades contemporáneas é preciso establecer unha diferenza entre “ser” e “parecer”, entre “substancia” e “apariencia”. E neste caso concreto, o “sustancial” radica precisamente no segundo termo do binomio, aínda que “pareza” unha contradición.

Hoxe en día, a relación entre un distintivo e o que representa vai moito máis alá da asociación arquetípica entre marca e produto. No tocante aos viños con denominación de orixe, a contraetiqueta cóntanos unha historia que fala dun respecto ancestral pola materia prima, dun coidado especial do territorio e dunha filosofía única de entender un determinado tipo de produción, sexa esta máis tradicional ou máis industrial.

En resumo, as contraetiquetas fálannos dun capital simbólico asociado a un aproveitamento económico que se amosa como necesario, lícito e ético. A 'contra' de todo isto é que este acio de valores positivos convértese en bagaño inservible 'grazas' ás prácticas capitalistas de certos aproveitados que proliferan como por arte de esporas. O malo é que de nada serven aquí os funxicidas.
Domínguez, Baruk
Domínguez, Baruk


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES