Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mínimas pensións

miércoles, 31 de octubre de 2007
A sociedade preocúpase polos “mileuristas”, aqueles traballadores que gañan arredor de mil euros, e con esa cantidade deben afrontar hipoteca, colexios, alimentación, transporte, cultura, vestido, e vida en xeral.

Pero poucas veces esa preocupación se manifesta de xeito expreso polos xubilados, que perciben pensións moi por debaixo do soldo mínimo, e con elas teñen que conseguir levar unha vida digna.

A media española das pensións, vergoñenta, é de 677 euros. Pero as pensións dos pensionistas galegos nin por asomo se parecen á media española, xa que os coruñeses teñen de media 596 euros, os pontevedreses 593, os lucenses 506 e os ourensáns 497. A media galega é de 564 euros.

Non é que sexan as pensións mínimas, son mínimas pensións. E ó ser pensións medias, hainas algo maiores, pero tamén menores, polo que hai que concluir que son pensións de fame as que perciben os nosos maiores, que non chegan para vivir senón para simplemente subsistir.

O goberno pretende subir as pensións mínimas para ir reducindo distancias, e sexa este ou calquera outro o que deba acometer esta subida, deberá ter en conta que se trata de pensións infames, que deben avergoñar a unha sociedade podente e en crecemento coma a nosa.

Tal ver, tal esperar. Haberá que ir empezando a mellorar estas cifras para que –aínda que só sexa por puro egoismo– cando cheguemos á situación de pensionista non teñamos que mendigar unha caridade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES