Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eu tamén falo español

viernes, 14 de septiembre de 2018
Leo que voluntarios dunha asociación que seica se denomina "Hablamos español" andou a recoller firmas na rúa do paseo da capital, co fin de apoiar unha iniciativa lexislativa popular (ILP) destinada a conseguir presentar unha proposición de lei sobre a liberdade de elección lingüística en todo o territorio -chamémoslle- estatal.

Lido isto, pídeme o corpo presentarlles de contado unha moción parcial, non sen antes especificar dúas cousas.

A primeira delas é deixar claro que non vou ser eu quen lle negue -nin a eles nin a ninguén- o dereito a recoller firmas, incluso debaixo das pedras, a favor desa causa ou doutra. Vivimos uns tempos nos que a iniciativa popular está dominada polas redes sociais e iso permite presentar iniciativas por aquí e por acolá mocións, proposicións ou iniciativas das máis variopintas e iso non ten por que desestabilizar nada. O que queira firmar, que firme. E o que non queira facelo, con seguir o paso á fronte ten feito.


A segunda consideración previa que se me ocorre ten que ver co lugar elixido para levar a cabo a recolleita, xa que logo, se quixesen procurar un espazo público da provincia con meirande grao de castelanización cá rúa do Paseo ourensá, seguro que non o atoparían, polo que dubido moito que todos os que se brindaron a plasmar o seu nome e apelidos baixo o reivindicativo teñan moi pouco que ver co perfil da problemática que pretenden denunciar coa súa iniciativa.

Deixando isto claro, se eu tivese capacidade representativa no poder lexislativo, gustaríame indicar que erran de plano no título da iniciativa popular que pretenden que se debata no Congreso dos Deputados, pois eu, falando galego, tamén falo español, un euskaldún, falando euskera, tamén fala español, o mesmo que fala español o tal Tordá cando insulta a outros españois na súa lingua natal, e incluso un andaluz, falando esa xerga comeletras -que non se me enfade ninguén dende o sur- que chamamos "andalú", tamén fala español, por máis que o faga dun xeito tan singular que a veces -deixando a un lado o euskera- sexa menos comprensible incluso có galego e có catalán.

E digo que, falando galego, eu falo a cotío español porque, xunto co resto dos idiomas asumidos pola Constitución, o galego é tan español coma o castelán e o resto de linguas irmás que se falan no Estado.

É posible que haxa quen non concorde con isto porque tampouco concorda coa Constitución. Pero ese é outro problema. Un problema que só terá solución cando a Galicia se lle dea por ser independente.

De aí que eu lles diría, os promotores desa iniciativa, que muden o "hablemos español" polo de "hablemos castellano", malia que intrinsecamente nos remita a tempos non desexados por seren tempos irracionalmente imperativos.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Noticias RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania