Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Qué che falta, Calixto?

lunes, 29 de octubre de 2007
Cando eu era pequeno donas falaban e non ceixaban de Don Calixto, Xuíz de Paz, home rico, solteiro de ouro como dirían hoxe as “vogues”, guapo, bon mozo, decidor feiticeiro e requebrador de donas. Ben atildado. Sempre ben vestido, camisa blanca, corbata de seda natural e os bigotes, sobre todo, os mostachos, precursores dos monfloritas de Dalí, pero tupidos, recios e ben lavados e peinados.

Contaban e non paraban. Daquela non había televisión e, por tanto, a xente xuntábase despois de cenar a facer, mais ou menos, con outras vestes e outro lenguaxe, o que fan hoxe as cadeas clásicas de televisión.

E, dentre outras cousas que contaban, facían o seguinte conto:

Atopábase unha maña de inverno o bon de Don Calixto, atusando o mostacho, puliendo a feitura do nudo da pajarita e deixando muy ben acomodada a pecheira da camisa. Impecable. Mirábase o espello, xesticulou e gustouse. Estaba seductor. As cellas circunflexas, estilo francés puro e disposto a meterse nun galiñeiro para non deixar galiña sin chocar.

E no frente do espello non se puido resistir:
- ¡¿Calixto, preguntouse e afirmouse a vez, eres guapo?!
- ¡¿Calixto, prosigueu, eres rico?!
- ¡¿Calixto, xa metido en trance, eres listo?!
- ¿Qué che falta, Calixto?

Nestas meditacións, xa sublimado, sentíndose un diosiño pequeño, arroubado e en plenas musas, so puido cair da peana, pisar de novo o chan, cando una voz vella pero limpa, rara e imponente, como a do Cristo da Vega da lenda cando preguntado polo Xuíz Don Pedro de Alarcón si era certo que fora testemuña da promesa de Don Diego a Doña Isabel e respondeu:
- Si, xuro.
Pois aquí apareceu o pai de Don Calixto e tronou:
- Xuízo, meu fillo, xuízo.

Don Calixto sonrieu, puxo cara de complacencia co dito por seu paí, puxo talante e, como non se enfadaba nunca, saiu a namorar.

¿A quen me lembra a min Don Calixto? ¿Será que o parente Alzheimer non me deixa lembrarme?
Certo que non me lembra de Don Xosé Branco quen, por certo, podería trocar o apellido non seña o demo que o asinen de racista.
Como están as cousas hoxe, calquera cousa.

E pousa e pousa e pousa e non me toques aquela cousa.
Goás Chao, Domingo
Goás Chao, Domingo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información