Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Garda Civil galega

lunes, 29 de octubre de 2007
Ata agora, oficialmente, a Institución calificada de Benemérita que o Duque de Ahumada fundou para a persecución do delito respondía ó nome de “Guardia Civil”, e o seu idioma oficial era o castelán por pertencer a un corpo de ámbito estatal, e pola posibilidade de que dentro dela se cubrisen postos con membros procedentes de calquera das Autonomías.

Pouco importaba, oficialmente, que moitos gardas civís procedesen de Galicia, e que eses membros utilizasen de xeito particular o idioma, así como con quen –no exercizo do seu traballo- se dirixía a eles en galego.

Hai, por certo, que reseñar que pola dispersión dos cuarteis desta Institución polos diversos pobos de Galicia, e o conseguinte coñecemento dos contornos onde están establecidos, está comprobado que as dependencias da Garda Civil son centros permanentes de información para a localización de persoas, para informacións diversas, como temos acreditado en moi numerosas ocasións.

A modernización que esta organización ven rexistrando neste tempo de democracia é verdadeiramente notable, e a renovación dos seus efectivos ostensible.

Faltaba unha decisión, que ven de producirse, pola que Joan Mesquida, o Director Xeral da Policía Nacional e da Garda Civil, ordena que os membros deste Corpo usen máis a lengua galega na relación cos galegos e mesmo nos trámites que se efectúen e documentos que se expidan,decisión que recibiron xa os mandos da Garda Civil en Galicia a mediados do presente mes, o mesmo que as otras autonomías con lengua propia en relación cos respectivos idiomas.

Enténdese como un esforzo da Garda Civil para adaptarse ás circunstancias propias de cada país, en facerse máis galega polo que a nós respecta. Está ben, e eso pode contribuir á reivindicación dos gardas galegos a prestar servizo na súa terra, como mellor coñecedores do noso idioma e o noso carácter. Así poderá chegar a ser unha Garda Civil Galega. Eso desexamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES