Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Rebelión no Camiño

domingo, 28 de octubre de 2007
¡Estaba cantada! Foi anunciada por eles e denunciada desde esta sección. Chega despois das caras e rumbosas celebracións da semana pasada en Francia, no Cebreiro e en Santiago co gallo do 20º aniversario da declaración do Camiño Francés 1º Itinerario Cultural Europeo.

¡Vai de alcaldes! Dos da Mancomunidade. A maioría deles estiveron no Cebreiro. Mudos. Sen intervir e sen se sumar á ledicia desbordante dos que “mesmo morrían de éxito”. O xoves pasado consumaron a anunciada iniciativa na 3ª xuntanza deste ano, en Sarria. Só fallou o alcalde de O Pino (¿problemas co polígono!?). Avaliaron a xuntanza coma “un fito histórico”.

Resumo propostas: “Voz e voto no Comité Asesor (¡paréceme ben!), promesa elaboración Plan Especial de Protección do Camiño (¡sen estrear nin revisar o do 1996 nin polos alcaldes nin por Patrimonio!), máis protagonismo en urbanismo (¿máis desfeita!? pregunto eu), xuntanza co Director Xeral de Patrimonio para “negociar pautas de actuación” solicitudes, licencias e actuacións (¡supoño que para restaurar e repoñer a gran desfeita de agora), destino fondos páx. web e carteis, a esgalla, cando todos os camiños están xa, dabondo, saturados.

¿Demasiado falar de rebelión?. ¿Só cabreo, rabexa?.¿Celo, preocupación ou, máis ben, celos?. ¿Responsabilidade!? ¡Oxalá! Temo mande máis o partidismo que o amor ao Camiño. ¡Benvida sexa a humildade, o propósito de emenda de tantos evidentes erros (por ámbalas dúas partes) e o verdadeiro diálogo para acadar unha sincera e auténtica COLABORACIÓN.

(Respecto ao tema do día, -sobre o que falaremos noutra ocasión- estou con todas as vítimas de antes, en e despois da tráxica guerra civil e non só cos 498 mártires declarados hoxe, en Roma, pola Igrexa oficial).
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información