Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Muchos hijos, un mono y un castillo

miércoles, 29 de agosto de 2018
Muchos hijos, un mono y un castillo é o documental no que Gustavo Salmerón retrata a súa familia, un matriarcado que se criou no cumprimento do desexos da súa nai. Julita, que así se chama a matriarca, tiña por soño propio ter moitos fillos, un mono e un castelo. Cumpriu os tres desexos e ademais deu lugar a unha historia de vida que hai que coñecer e analizar con detemento.

Esta é unha historia profundamente humana e, como tal, non é perfecta senón que, cal xunco, adáptase ás circunstancias para seguir contando e non ter fin.

Podemos ver a unha persoa, Julita, profundamente activa, preocupada porque os seus saian adiante e sexan felices, pero, tamén, unha persoa que pensa por si mesma e que procura ir deixando pegadas de toda a súa historia. Julita enche o seu castelo de vida, de vestixios do que foi para gardar memoria viva de todos os que a precederon e a levaron a ser quen é. Ten unha percepción moi especial da morte que a leva a gardar cachiños das vidas que formaron a súa vida.

Ademais vemos unha familia da que aprender un hábito ou unha competencia tan importante como é a resiliencia, que nos leva a emerxer de situacións límite. Neste sentido, o documental quizais é o bote salvavidas co que a familia afronta un porvir colectivo.

Coñecer esta historia leva a cavilar en todo o peculiar que hai nas nosas familias e como isto forma parte dunha intrahistoria que convén rescatar para a posteridade. Nela temos aprendizaxes de vida que nos axudarán a afrontar retos individuais e colectivos. Deste xeito o pasado convértese nunha fonte que nos axuda a construír un porvir mellor.

Tamén podemos falar do carácter identitario, que supón sentirnos parte orgullosa dunha saga que deixou rodeira polo mundo. Contar a historia é destruír o esquecemento para saber que cada pensamento que se exterioriza é importante porque pode traer ensinanzas fundamentais. Julita amosa un pensamento orixinal, plenamente propio que a humaniza e fainos comprender que entre o branco e o negro hai toda unha gama de tonalidades que gardan actitudes e persoas dignas de coñecer e de aprender delas.

Un documental sorprendente que todos debemos disfrutar…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES