Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuíces rebaixados

miércoles, 24 de octubre de 2007
As oposicións xudiciais son, xunto coas de Notarías, as máis difíciles das do Estado español.

Compre posuir a Licenciatura en Dereito, ser un estudiante exemplar, e dedicarlle ó tema catro ou cinco anos de vida intensa, porque son trescentos temas que hai que coñecer á perfección.

Unha vez superada a oposición, os aspirantes pasan á Escola Xudicial, de onde sairán xuíces ou fiscais.

Últimamente baixaron os aspirantes a estes postos, porque se nas oposicións anteriores se presentaban arredor de seis mil aspirantes, na última foron pouco máis de catro mil, sen que exista garantía algunha de que se poida volver á sítuación anterior.

O Ministro de Xustiza, que ven acreditando unha discutible liberdade ou facilidade verbal, confesa ter proxectado reformar o sistema e, se non hai aspirantes abondos e de cualidade, promocionar ós alumnos das facultades de Dereito con mellores calificacións para que pasen directamente, sen oposición, á Escola Xudicial.

Todo o que sexa rebaixar o listón, xoga en contra do sistema. E o sistema é básico para a nosa vida e as garantías legais indispensables para a convivencia.

Rebaixar o nivel dos xuíces, acortar formación, eliminar barreiras pode parecer moi democrático, pero é perigoso, prestándose ademais o proceso a todo tipo de incidencias perxudicial.

Certo que xa existen outras vías de acceso á carreira xudicial, ademais da oposición, pero baséanse na incorporación de profesionais de prestixio dentro da avogacía, despois de anos de servicio.

Xa temos dito que á Xustiza canto menos se lle toque, moito mellor. Hai cousas que é mellor deixar como están, ou procurar que sexa a propia institución que, evolucionando, vaia conformando o seu futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES