Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na homenaxe a Xosé Manuel Carballo

sábado, 07 de julio de 2018
En primeiro lugar cómpre dar as grazas en nome de toda a familia, gran parte aquí presente, a todos os que fixeron posible esta homenaxe, a todos os que interviñeron neste acto e, por suposto, a todos os asistentes.

Grazas, en especial, á corporación municipal que, de xeito unánime elexiu este lugar para que leve o nome de meu padriño: XOSÉ MANUEL CARBALLO FERREIRO.

A elección demostra que o coñeciades á perfección. Ningún outro lugar nin ningunha outra ubicación sería máis acertada. Este foi o sitio dende o que el sempre tentou acercar a cultura aos vecinos de Castro de Rei nas súas máis diversas expresións: ilusionismo, conferencias, presentacións de libros, festivais, teatro… pero tamén o enclave no que disfrutou enormemente porque, todos os que o coñecemos sabemos que o escenario era o seu segundo púlpito e saiu sempre daquí coa satisfacción e o orgullo de que a xente de Castro de Rei (en sentido amplo claro) respondía a cada convocatoria que se facía, mellor incluso que a doutros lugares máis poboados.

¿Que maior honra para un espallador de cultura e de ilusión que o feito de o centro cultural do seu concello leve o seu nome? De feito, se hoxe estivese aquí, que eu creo que o está, sería outro dos días máis felices da súa vida. Un deles foi, sen ningunha dúbida cando o concello, tamén por unanimidade, decidiu nomealo fillo predilecto. O que si podo asegurar e que, pese a enorgullecelo de verdade, a súa máxima ilusión non sería que a placa de fóra reflectise o seu nome senon o feito de que este siga a ser un espazo vivo, cheo de actividade e de xente que o disfrute e aproveite. A eso deberiamos contribuir todos os que nos sentimos parte deste gran concello que el tanto amou.

Despois de operarse en xuño de 2013, nestes últimos catro anos, tenme pedido en máis dunha ocasión que lle fixese de altavoz para que se lle escoitase en sitios ruidosos, con grande aglomeración de xente ou simplemente para que o entendesen os que non estaban afeitos a escoitalo a cotío falar por un tubo (como el dícía a xeito de chanza). Hoxe, chegado este momento, tamén lle vou prestar a miña voz aínda que, precisamente hoxe, non faría falla porque calquera dos que estamos aquí se cerramos os ollos podemos oír como nos di: GRAZAS DE CORAZÓN. NINGUÉN DESAPARECE MENTRES A XENTE NON O ESQUECE.

MOITAS GRAZAS.

(Palabras da sobriña e afillada de Xosé Manuel Carballo, no nome da familia, o 5 de maio de 2018, en Castro de Rei, no acto no que se renomeou o antigo Teleclub como CENTRO CULTURAL XOSÉ MANUEL CARBALLO FERREIRO)
López Carballo, Ánxeles
López Carballo, Ánxeles


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES