Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre Xesús Mato

jueves, 28 de junio de 2018
Se de nena me pediran definir a Xesús Mato diría que tiña unha ollada limpa e un sorriso honesto. Seguro que tamén afirmaría que me gustaba que as súas misas foran oficiadas en galego; deste xeito, aquelas verbas súas tan honestas e doces eran as nosas, as da xente do rural. E ademais, a nosa lingua tamén estaba presente na música e eu lembro que ollando para o cumio alto das montañas da miña terra deleitábame coas cancións da Quenlla e Fuxan os ventos, grupo do que foi co-fundador.

Sen embargo, o que ignoraba naqueles anos de cativa era que a vida daquel crego non estivera exenta de aventuras: As misas en galego durante o franquismo, a súa voz traspasando as ondas da radio cando a Cope non se semellaba ao de agora e o seu activismo cultural vixiado por axentes da Brigada Político-Social, entre outras fazañas.

Hoxe penso que se mencionamos a Mato sabemos que é sinónimo de liberdade e compromiso coa terra. Para miña avoa así o demostrou cando chegou como párroco ás montañas do Courel e Pedrafita, lugares ao que poucos querían ir debido á falta de comodidades e ás inclemencias do tempo. Eu matino arestora en Mato como un ser humano con ollada crítica, que é quen de reclamar melloras e avances para esa igrexa católica da que el forma parte. (Oxalá moitos fixeran o mesmo).

Sen dúbida, trátase dun ser nobre, que sempre desexou ser consecuente cos seus actos e loitar a prol dun mundo máis sensible e fraternal. Por iso sentín gran ledicia cando souben que sería homenaxeado coa Medalla Castelao, porque el si que nos ensinou a albergar os bos principios, a apertar forte a nosa cultura e a vivir sendo sempre fieis ao noso xeito de sentir.

(Homenaxe de Brenda González Fernández, a Xesús Mato Mato, que hoxe recibe a Medalla Castelao en San Domingos de Bonaval)
González Fernández, Brenda
González Fernández, Brenda


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES