Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Froilán: Unha festa especial

lunes, 08 de octubre de 2007
Lugo, 2007

De todas as festas que coñezo, as de Lugo, no comezo do Outono, son as que conservan, aínda, o seu espírito tradicional, que as liga co mundo rural de onde, uns mais e outros menos todas as galegas/os procedemos.

Os recendos do San Froilan da miña infancia acordaron na miña cabeza, na ExpoLugo. Misturados de modernidade aportada polos postos que facian referencia a todo o mundo, artesans da pedra e da madeira e a mais moderna tecnoloxia mas, mantendo como fundo a presenza do gando. Uns exemplares lustrosos, comodamente instalados entre feixes de erva seca. Humificadores a cada pouco fumegaban ceibando ao ar vapor de auga para manter a sa en condicions optimas para aquelas vacas e bois marelos, de exposición. Non había a antiga lama no chan que molestase aos visitantes e a cidade fica a resgardo da “feira” transformada agora en ExpoLugo. No burgo amurallado os concertos que e o barullo que é normal en todas as festas patronais. Voto de menos unha maior participación, neles, da música moderna e clásica producida en Galiza. Mas en Lugo todo lembra a tradición, institucionalizada nas inmensa doses de polvo á feira que se despachan todo o mes. Mesmo a figura do santo, perdéndose na noite dos tempos. Fose bispo, ou figura mítica cristianizada, o noso Santo Froila danos o sinal de saida para afortalarnos cara o inverno longo, escuro e duro que caracterizaba ao clima de Lugo.

Escoitei o magnífico concerto-poemario de Aute, na fermosa Praza de Santamaria. Toda a historia de esta antiga e duradoira cidade facíase patente como telón de fundo. Os diferentes estilos en que está feita a Catedral (románico, gótico, renacentista, na torre do reloxio) o fermoso barroco que encerra o altar da virxe dos Ollos Grandes, o equilibrio das torres neoclásicas da fachada principal, sobresaindo no fondo da noite, por cima do edificio,abrigan ao Pantócrator, o Deus Pai, da entrada de Santa Maria.Ninguén pode encontrar mellor cadro para un concerto.

No san Froilan reservaselle un dia especial para as mulleres: O Domingo das Mozas con traxo galego e ofrenda a precursora do feminismo Rosalia de Castro. Pilocha emocionounos, polo seu virtuosismo e a sua sensibilidade ao facerlle a ofrenda. Obrigada Pilocha por nos teres regalado a tua voz e o teu pensamento.

Somos un povo de terra e de poesia. Pan o Deus da Terra de seguro que andou por aqui naqueles recuados tempos en que os deuses e outros seres míticos povoaban os arredores. Poida que o Santo Froila fose o descendente doutra Divinidade mais antiga que tiña o seu lar naquele Lugo que atoparon os romanos. As festas do San Froilan coa sua mistura de tradición e modernidade lémbrannos a nosa orixe de povo amante da Terra. Seria torpeza e ignoranza perder a sua faceta de antiga feira de gando e de artesania que sempre as caracterizaron e que representa unha importante riqueza sostible.

Por iso, a pesar do barullo e das pequenas incomodidades que poidan representar, gosto das festas do meu povo.
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES