Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: Día das persoas de idade

miércoles, 03 de octubre de 2007
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas ten sinalado o 1º de Outubro como o Día Internacional das Persoas de Idade. A verdade é que tal enunciado desconcertounos e coidamos que se trataba de algo dirixido a toda a poboación mundial porque, preguntamos ¿cal é a persoa que non ten idade?.

Para saír de dúbidas continuamos informándonos do contido da resolución e de contado se nos disipa a confusión inicial, porque mesmo seguido se dí que “…para solicitar contribucións ó Fondo Fiduciario das Nacións Unidas para o “Envellecemento”, que apoia proxectos en beneficio dos anciáns en países en desarrollo”.

O Plan Fiduciario das Nacións Unidas estabreceuse como Plan de Acción Internacional sobre o “Envellecemento”, aprobado en Asamblea Mundial sobre a cuestión celebrada en Viena en 1982.

Estase a falar entón daquelas persoas que chegaron no seu ciclo vital á vellez e que é verdade que teñen idade, pero moita. É decir, que son “vellos”; e este alto organismo entende que tal concepto corresponde as persoas de mais de 65 anos; casualmente a idade que no noso país se xubila á xente.

Históricamente, ata o século XIX, chegar a esa idade era un privilexio co que poucos contaban, xa que a esperanza de vida, incluso en Europa, non superaba os 40 ou 50 anos.

Non hai dúbida de que todo esta ampliación do ciclo vital e, polo tanto, o incremento da poboación a partir da idade sinalada, débese, fundamentalmente, á mellora xeral da calidade de vida e ós avances da medicina.

É certo que esta situación demográfica (na que, ó menos teóricamente, se deixa de producir e sen dúbida empeora a saúde), a sociedade debe emplear mais recursos humanos e económicos para a súa atención; é éste un principio, por evidente, aceptado universalmente.

De tódolos xeitos, aínda tratándose dun proceso normal, en canto que obedece a razóns puramente biolóxicas, a vellez é algo que a sociedade non acaba de aceptar con naturalidade e, por conseguinte, coa consideración que sería desexable; e decimos esto porque mesmo dende as institucións, e serva como exempro á que neste comentario aludimos, recúrrese a expresións artificiosas, e polo tanto falsas, para referirse a un colectivo ben definido: a “vellez” ou os “vellos”, que neste caso pretenden enmascarar baixo o absurdo eufemismo de “persoas de idade”.

No noso territorio está moi consolidada outra forma que consideramos despectiva e, polo tanto, irrespetuosa para este colectivo: é eso da “Terceira Idade”. Nunca entendimos de onde sae tal denominación: ó longo do noso periplo existencial fumos neno, adolescente, xove, adulto… Endexamais alguen nos dixo que estabamos na primeira ou na segunda idade; non comprendemos cómo de súpeto aparecemos na “terceira”, término que por certo ten unhas connotacións cualitativas pexorativas: se mentamos ó “terceiro mundo” estamos a falar de pobreza e analfabetismo; se sacamos un billete de “terceira” para o tren viaxaremos no vagón menos confortable do convoi e se na carnicería nos dan "terceira" levaremos osos, graxa e pelexos....

Somos conscentes das limitacións, moitas veces dramáticas, que se viven na vellez; pero nunca pola idade ou pola situación física ou mental, a persoa é ”de terceira” aínda que algúns, pouco sensibles á condición humana, así o proclamen; os valores humanos transcenden ás eventualidades.

Envío: vaia o noso recoñecemento para os veciños da parroquia viveirense de San Andrés de Boimente que deron unha lección de sensibilidade, de respecto e de xenerosa valoración da vellez, celebrando a Festa da “Idade de Ouro”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información