Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confeso que me emocionei co agasallo de Daniel

sábado, 09 de junio de 2018
O día 1 de xuño, Daniel Aneiros Yáñez, o meu neto maior, de nove anos, recibiu a medalla do deporte no concello de Neda. A súa equipa resultou ser subcampioa na liga de fútbol.

Por razóns de traballo non puiden estar presente para ver como recollía a súa medalla. Á noitiña, todo contento,achégase a min, bica a súa medalla e dime: para ti avoa, regálocha.

Que ledicia e que emoción que un neto teña en conta a súa avoa. Son valores que desde ben noviño xa empeza a descubrir: Saber que todo na vida vén da colaboración de moitas persoas.

O triunfo do seu traballo na equipa quere partillalo. E non dubida en agasallarllo á súa avoa. Velaí o froito de ensinar aos nenos a valorar á familia, aos amigos, aos demais, etc., e non ficar cos premios só para eles. Que importante é saber que nese trunfo están os compañeiros, a familia e o conxunto de colaboradores. Por iso temos de aprendermos a compartir, agradecer, desprendérmonos e saber agradecer.

Que expresión tan fermosa na túa faciana, Daniel, ao deixares que a túa familia ollásemos o teu trofeo. Mesmo penso que foi así onde ti realmente acadaches a plenitude do recoñecemento ao esforzo de todo un curso.

Grazas, Daniel. Estou ben orgullosa e contenta de ti. Es un bo fillo, irmán, neto, primo, sobriño, compañeiro. E tamén así vas para bo cidadán. Confeso que me emocionei e me sentín gozosa,con moita alegría e satisfacción.

Quéroche moito, Daniel. Segue así. Estudoso, sensible, bo compañeiro e que nunca, por moi ben que che vaia na vida, perdas os valores que recibes e che aportamos entre todos. Grazas no nome da familia. Por suposto eu, como avoa, dígoche:Moitos bicos e parabéns da túa avoa Nieves.

Pero o gozo familiar non acabou aquí. Ismael Ríos Domínguez, o seu segundo primo, tamén atinxiu un galardón curricular persoal polos méritos deportivos adquiridos.

Parabéns! Sabes como nos queremos todos e canto nos alegramos dos vosos trunfos, tamén polos estudos e pola vida. Que alegría vervos medrar. Bicos, querido Isma. Tamén para todos vós.

Non esquecemos a Berta e a Aldara, as vosas irmás respectivas. Ben están elas a mereceren os nosos parabéns polos seus esforzos nos estudos e polos trunfos noutras expresións artísticas. Hai moita valía, creatividade e xenio en cada unha delas. Xa chegarán as medallas.
Espiñeira Medín, Nieves
Espiñeira Medín, Nieves


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES