Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En memoria de Xosé Manuel Carballo

viernes, 08 de junio de 2018
En memoria de Xos Manuel Carballo
Esta xa non é a túa pena.
Tampouco debería ser nosa tanta sombra,
tanta noite vertida na copa do adeus.
Que morte non nos mata ao vela desde a beira de aquí,
desde esta marxe onde todo remata en fume e cinsa?

Quen cerra os ollos devén memoria e vive
para nós no recordo, para Deus, noutra arxila
celeste e luminosa que substitúe o barro quebradizo.
Teu é todo o esplendor, o desamparo é todo noso.
Talvez, cal nós, outrora sentícheste vivir nun labirinto;
porén ti atinaches coa saída cara ao colo do Pai
onde a paz é unha música amorosa,
un pacto coas estrelas e o infinito.

Irmán, Xosé Manuel, non che faremos pranto,
cómpre falar da vida, do agromar da semente,
da túa xenerosa andaina polos días.
Amaches a ilusión, coma un pan repartíchela
mesmo cando a existencia cha roubaba a dentadas.
Esa é a túa herdanza, a palabra de humor
a exorcizar as mágoas, ás veces o silencio,
o tenaz desafío ás leis do desacougo.
Non, non che faremos pranto.
Diremos o teu nome por descifrar o enigma,
aquel que esconde a chave do regreso imposíbel.
Irmán, Xosé Manuel, non, non che faremos pranto.

(Poema que Marica Campo leu no decurso do acto no que se lle deu o nome de Xosé Manuel Carballo ao Centro Cultural de Castro de Rei).
Campo, Marica
Campo, Marica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES