Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos Os Baluros Teatro

lunes, 04 de junio de 2018
... Somos Os Baluros Teatro.

Hai case 44 anos, Xosé Manuel Carballo voltaba a sua terra, e unha das primeiras cousas que fixo foi recuperar o teatro ,pois facía un tempo que quedára aparcado por diversas razons. Púxose mans a obra e, xunto con nós e algunhos que que xa non están no grupo, fundou Os Bluros Teatro, ainda que non nos bautizamos ata 1978, foi con motivo da estrea de "Vaise pechar outra
casa mais.

Carballo quería distinguir Os Baluros Teatro de outros grupos que había en moitos teleclubes, que facían montaxes teatrales que apenas pasaban de tres ou catro representacións, el quería levar o teatro que se facía no rural por todo-los lugares onde nunca chegaba nada do mundo da cultura, e abofé que o conseguiu.

Como case se dixo todo sobor do Xosé Manuel mais coñecido, certo é
que tamen había outro mais íntimo.

Nós queremos contar algo dese Carballo íntimo, da sua vida co grupo, daquel home que colleu un grupo de rapaces de Santa Locaia e Castro de Rei e non só formou un grupo de teatro, tamén formou unha familia de amigos, que por sorte perdura ainda hoxe. Por Os Baluros Teatro, pasamos moitos máis dos que estamos aquí, motivos persoales ,obrigas do traballo, fixeron que as caras foran cambiando ,pero o proxecto sigue igual.

Xosé Manuel, para aquel grupo de mozas e mozos, foi un raio de luz.
Abriu unha porta a un mundo descoñecido para nos, fixo que grazas a él e ao teatro viviramos experiencias que nin soñaramos, coñecimos importantes persoas do mundo da cultura, actuamos en lugares que estaban reservados ás etrelas do teatro, viaxamos por primeira vez en avión,fomos e actuamos en Madrid, Barcelona, Hospitalet, tamen en máis de cen localidades de toda Galicia. Pero todo iso quédase pequeno , se o comparamos coas vivencias ao seu lado.

Carballo presumía de nós, era un creador de autoestima, sempre nos valorou por riba dos nosos méritos. Os millores piropos que recibimos individualmente e como grupo, foron da sua parte. Nunca lle pagaremos as preciosas vivencias que
tivemos grazas a él.

Gustáballe que houbese compromiso, facer as cousas ben, non quería nada mediocre, decía, sodes moi bos , polo tanto hai que facelo moi ben.

Nos últimos anos antes de irse, decía, o teatro e o grupo son o cabo ao que me agarro pa seguir vivo. Esaxeraba, sin duda , era a sua forza indomable o que lle facía seguir adiante.

Termino xa. Cando se foi , parecía que o teatro e o grupo terminaría a sua andaina. Nós queremos que eso non suceda, ainda que sexa complicado continuar sin él. Todo o que fagamos nos escenarios, terá a súa pegada.

Grazas Carballo, por escollernos, por existir, por axudar a facer de nós unhas persoas válidas para a sociedade. Grazas por propiciar que o teatro quedase coma unha excusa, o bonito era estar xuntos.

Agora que tés tempo, vai pensando que peza de tearo queres que representemos, cando nos crucemos outra vez. Contoche: O Menciñeiro xa o sabemos, e podemos representalo tamen ahí, coa condición de que sexa cos mesmos compañeiros, e de público, fai coa túa maxia que sexan os nosos que xa se foron tamen.,

AMEN.

(Palabras de Julio Canto, no nome de OS BALUROS TEATRO, no acto no que se lle deu o nome de Xosé Manuel Carballo ao Centro cultural-antigo Teleclub de Castro de Rei).
Canto, Julio
Canto, Julio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES