Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Altos cargos

martes, 25 de septiembre de 2007
De sempre, os altos cargos tiñeron unha especial consideración nas administracións, porque se entende que son os que fan mover a pesada maquinaria institucional de calquera comunidade.

Os altísimos cargos teñen – no Estado e nas Autonomías- tratamento especial en temas económicos e sociais, levando como contrapartida a prohibición de ejercer determinadas actividades durante un tempo prudencial que anda polos dous anos.

En Galicia, o tema non só afecta ó Presidente da Xunta senón tamén ós que ostentan cargos de responsabilidade na Administración, ós que ademáis dun soldo acorde coas suas actividades lles queda un sobresoldo que en Galicia se incrementa cun complemento autonómico.

Este tema é motivo de divergencia entre as dúas forzas políticas que gobernan o País, e non é extraño. Porque seguro que a mesma divergencia existe entre a militancia de cada unha delas, que aínda que considere xusto algo así atopará dificultade para explicalo de cara ó exterior.

O tema é pouco vendible, e o PSOE agarrouno polos cornos, seguro que como mal menor, defendéndoo porque legalmente está así e “hai que roelo”. Para o Bng, en cambio, resulta máis difícil aínda de explicar hacia o exterior por parte dunha forza que sempre se caracterizou por eliminar privilegios na Administración.

O complemento segue a dar que falar e razonar entre os que defenden o que teñen que defender por imperativo legal, e os que o combaten por principio e imaxe.

Moito cambiou o Bng gobernante desde aquel Bng combatente de hai anos. Pero aínda hai cousas que entrañan dificultade na explicación ás bases e na asunción, por moito poder que se teña nas institucións. Ou precisamente por eso.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES