Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Servir ao pobo!

viernes, 21 de septiembre de 2007
¡Cantas veces temos ouvido e escoitado esas e/ou parecidas palabras! Maiormente, en tempo de eleccións. A moitos dos nosos políticos éncheselles a boca e múdaselles a voz ao proclamalas. ¡E mesmo o fan con solemnidade crendo convencera o persoal!. Esa abundante presunción adoita estar presente tamén noutras actividades de ámbito socio/cultural, educativo e mesmo relixioso. (¡O pobo galego, que é sabio no seu conxunto, sabe moi ben quen está con el ou quen o vende!)

A cobiza do poder segue viva, activa e activada na nosa presumida e consumista sociedade do “Benestar e da Igualdade” Ademais, é ousada e orixina persoas incoherentes, contraditorias, sen principios e sen vergoña. A cobiza e os devezos obnubílanlles a mente e a memoria, a coherencia, a fidelidade e a mesmo a actitude esencial de todo dirixente humano que ten de ser e estar ao servizo de todas as persoas, sen excepcións e miramentos persoais ou de grupo. Os feitos son os que miden e acreditan a calidade humana (¡a categoría!) das persoas (“Obras son amores”, di o refrán e “polas obras os recoñeceredes” recalca e apunta o Evanxeo de Xesús.

Velaí algúns feitos recentes e actuais: paga extra a preto de 4.000 altos cargos da función pública, gastos suntuosos innecesarios, soldos millonarios en comunidades pobres, dietas e subvencións a esgalla, e un desaforado e aloucado dispendio no gasto público. ¡Como se fosemos comunidades e países ricos! A calquera cidadán honrado (sobre todo aos que pasan fame ou necesidades) estes feitos sóanlle a grave inxustiza. Ademais, evitable.¡Insulto aos pobres que son algo máis da cuarta parte do País os que non chegan ao salario mínimo!

Cómpre engadir “o clientelismo” (¡que segue!) e “o inexplicable silencio” sobre algúns temas. (Ao mellor, foron aprobados “por unanimidade”) ¿Que foi da “ponte, autovías, auditorio, plan Lugo/Galicia!? ¿Ulo Banco de Terras, o re/equilibrio rural!?. ¿Por que non se di algo, agora!?

¡Obriga de todo dirixente responsable e coherente: “¡servir ao pobo; non aproveitarse del

Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Xubilouse Ferrín: Ferrín, setenta anos, profesor, xubílase da docencia. É noticia, porque é un...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información