Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valados

viernes, 20 de abril de 2018
A sospeita é que algúns dos líderes políticos len pouco. Non corren perigo de enterarse da utilidade de saberes 'inútiles' como a filosofía, a música, a poesía, as artes. E a historia. Porque outra vez Europa inza as fronteiras de muros contra a fame, a miseria, os medos que mobilizan a millóns de desesperados. Valados en Hungría, Macedonia. En Italia son de auga salgada, tamén en España. A Grecia de illas e costa torturada está vacinada contra os valados. Un novo telón de aceiro volve unir, ou desunir Europa, cando aínda se conservan os cascallos do Muro de Vergonza.

Non, os nosos dirixentes len pouco. Non acaban de enterarse que as concertinas de Ceuta e Melilla ao final son inútiles ante a desesperación dos desposeídos. Que máis poden perder?

Tamén é permeable o valado que divide as Américas na fronteira sur USA. Máis que países separa a opulencia da pobreza. A pesares de bardallas xenófobos como Trump, con avós fuxidos da pobreza, o seu país foi construído por ondadas de inmigración. Este sembrador de odios que rompen a familia humana non se percata que o imperio do norte é froito dun crisol de razas.

Valados da vergonza en Israel contra a desesperación palestina en Gaza e Cisxordania. Poña nun selfie a un xudeo a un palestino e tente atopar diferencias. Desnudos de odios son indistinguibles porque ao final só hai unha raza, a humana.

Éche boa desgraza que expulsen a historia do currículo. Daquela non nos enteraremos de que o Muro de Adriano en Britania foi incapaz de deter aos pictos. De nada servíu a Gran Muralla China senón para atraer turistas séculos despois. Miles de quilómetros de pedra non frearon aos invasores.

Europa éche unha mestura de culturas, linguas, relixións, pobos que non sempre estiveron aquí. Inmigrantes empurrados polo clima, a violencia, as guerras. En plena crise dos refuxiados, que non somos quen de resolver, construimos valados contra persoas cada día máis invisibles. Xusto cando vemos como os cartos virtuais e canallas son moi reais e saltan impunemente fronteiras e axencias fiscais miles de veces por segundo, empurrados pola cobiza.

Non hai valados para o petróleo que move o motor sucio do mundo. Nin para a roupa que vestimos, a comida que comemos. Tampouco para as bacterias e os virus que nos estremecen, para plantas e animais invasores que poñen en perigo ecosistemas sensibles.

Só hai valados para os construtores de valados. Para mulleres e nenos na primeira liña das vítimas, para as persoas que o sistema que se apoderou da economía do mundo declara prescindibles, 'desechables'.

Recreamos a cotío o mito de Sísifo arrastrando ata o cumio unha pesada pedra que acaba esvarando ata a base do muro. Unha e outra vez erguemos valados. Inútilmente.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES