Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: As capelas rurais

viernes, 14 de septiembre de 2007
Na Alta Montaña luguesa, ademais de famosos santuarios e parroquias, hai unha manchea de fermosas capeliñas presidindo a vida da maioría das aldeas. Sobresaen, pola súa sinxeleza, as das comarcas de A Fonsagrada, Navia, Cervantes, Pedrafita e O Caurel. Tamén as da zona da Pobra de Brollón, Samos e Quiroga. Ata hai pouco foi parte esencial da visa das aldeas

Das 21 do Caurel xa se aportaron datos e chamadas á administración cara á súa rehabilitación. Hoxe subliñamos as de Pedrafita de O Cebreiro, onde xa están restauradas varias delas, grazas aos veciños e ao propio Concello que colabora na restauración dalgunhas. Aínda se conservan a maioría a pesar da desfeita da emigración e a galopante des/poboación..

Velaí os lugares deste fermoso e rico patrimonio relixioso/cultural popular aínda vivo. San Pedro, en Foxos e San Pedro; San Antón en Brañas e Fonte/ferreira; Santa Bárbara, en Rubiais, Rabaceira e Valdefariña; San Bartolomeu, en Chan de Pena; San Roque, en Fonte/fermosa; Santiago, en Santalla; San Matías, en Travazas; San Froilán, en O Seixo; Santo Anxo, en Vilasol; As Neves, en O Temple e o Sagrado Corazón, en Sabugos. Cadansúa coa súa singular historia. (En ruínas, San Brais de Coterces e San Francisco de A Porfía).

Os labregos tiñan que ter á man aos santos máis avogosos para sobrevivir nunha terra e clima agresivos. As capelas teñen forza e capacidade para unir aos veciños e aos emigrantes. Seguen a consideralas algo de seu. Cómpre pór en valor este rico patrimonio que aínda hoxe respira vida/riqueza. ¡Nova oportunidade para descubrir, aínda agochada “a rota das capelas”!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información