Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O enterro da Sardiña na cidade de Lugo (9)

miércoles, 18 de abril de 2018
O Enterro da Sardiña no século XXI

Ano 2000
No ano 2000 Mercedes Barreiro González, filla de José Barreiro, e o seu esposo Andrés Rubino decidiron recuperar a «Confraría do Enterro da Sardiña» como fundamento imprescindible para que este peixe puidera seguir enterrándose simbolicamente coma sempre. Inicialmente, contaban co apoio inestimable do concelleiro de Cultura, naqueles intres o Sr. Eguibar, e do Círculo das Artes. Tamén desde o primeiro momento tiveron o apoio de coñecidos; de membros da devandita confraría, e de moitas persoas en xeral, xa que vían con agrado a recuperación dun evento que tivera moita repercusión social na cidade de Lugo.

Pois ben, este mesmo ano, decidiron sacar de novo o Enterro da Sardiña polas rúas da capital lucense. Por tal motivo, comezaron cos preparativos e os ensaios pertinentes. Estes últimos fixéronse, coma sempre, no Círculo das Artes, de onde o mércores de cinza saiu a comitiva fúnebre ás oito da tarde.

O desfile do enterro ía encabezado polo estandarte da Moi Nobre e Festiva Confraría da Parranda, que é unha réplica do mascarón pintado por Goya. A continuación, o «Gran Espetón», especie de sumo sacerdote, vestido cunha roupaxe de cor negro -capa e capuchón- e vermello, que é o encargado de recitar os ferretes no transcurso do percorrido procesional e, logo, ao seu remate no templete da música, vai acompañado námbolos dous lados dunha parella de acólitos provistos de incensarios. Logo, vén a sardiña de cartón cravada nun tridente, e en ámbolos dous lados unha parella de confrades cos carteis, que fan alusión ao Círculo e ao Concello, como entidades colaboradoras do evento.

Posteriormente, o cadaleito da sardiña levado nas súas andas por seis pescadores cos seus traxes de faena de cor amarelo; vai acompañado de dous confrades, que portan os estandartes alusivos a D. Carnal e a Da Coresma, e de dúas ringleiras de confrades vestidos con roupas de cor negro. No centro da comitiva fúnebre vai a banda; os seus integrantes van vestidos con roupaxe de cor vermello. Na parte final do enterro adoitan ir os seguintes estandartes: o do gato, coa sua tixola baleira de peixe; outro, coa grella; e finalmente, os do burro e o porco, que levan inscritos dous ferretes que a confraría adoita cantar nas Prazas do Campo e a Soidade, respectivamente.

O enterro da Sardiña na cidade de Lugo (9)
ESTANDARTE DO BURRO

ESTE É O BURRO DO ENTROIDO,
LEVÁNTALLE O RABO
E BÍCALLE O COIRO,
BÍCALLO BEN,
ATA O ANO QUE BEN.

ESTANDARTE DO PORCO

ESTE É O CERDO DE SAN ANTÓN,
DENDE O FUCIÑO
ATA O XAMÓN,
TODO ÉL SABE BEN,
IN SECULA SECULORUM. AMÉN

Pechaba a comitiva fúnebre o coro xeral e o público acompañante.

Con respecto ao percorrido iníciábase na Alameda ao carón do Círculo das Artes, onde se entonaba o primeiro canto, anunciando deste xeito o comezo da escenificación. Logo proseguía por Conde Pallares e a rúa da Cruz, onde adoitaban deterse diante do bar Anda, para dedicarlle a súa peña unha das estrofas do «Canto Patético», interpretado na procesión.

A primeira parada importante tiña lugar na Praza do Campo, onde o Gran Espetón, recitaba as primeiras estrofas do Enterro da Sardiña, sendo coreado cun estribillo pola confraría en pleno, relacionado co estandarte do burro.

A comitiva fúnebre, logo desta parada, continuaba a súa marcha pola Ruanova ata chegar á Praza da Soidade, onde se detiña de novo. Aquí o «Gran Espetón» volvía a pronunciar outras estrofas adicadas á Praza do Rastro e á capela da Soidade, sendo coreado cun estribillo pola confraría en pleno, mais esta vez relacionado co estandarte do porco.

Logo de cubrir o traxecto por Santo Domingo e a rúa da Raíña, a comitiva dirixíase, atravesando a Alameda, ao templete da música. Neste lugar, ao igoal que fixera na Praza do Campo e da Soidade, o Gran Espetón recitaba un amplo repertorio de «ferretes» onde a crítica ao Concello era a nota esencial. Finalizada a interpretación da última salmodia, procedíase a enterrar simbolicamente á sardiña entre os lamentos das choronas.

No momento actual, tanto a estructura da comitiva fúnebre como o percorrido que realiza, segue sendo o mesmo. Hai pequenas variacións en canto que a participación e máis numerosa, e logo poden incorporarse carteis alusivos a problemas moi puntuais.

En relación aos ferretes, todos estaban e siguen estando escritos en galego. Sen embargo, no Canto Patético houbo no transcurso destes anos algúns cambios: Uns estiveron relacionados coa participación de moitos bares, situados no casco vello da cidade. Polo tanto, non resulta estraño que se elaboraran estrofas alusivas a esta colaboración, e que foran recitadas durante algúns anos, ata que se decidiu conceder aos bares colaboradores uns diplomas acreditativos.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES