Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sentenzas, Fías e Ruadas (16)

martes, 17 de abril de 2018
.../...
O laboreo do liño

Sentenzas, Fías e Ruadas (16)Teño dúas explicacións para o que ides ler seguidamente: unha delas é para que vexades, por comparación, a afinidade tan exacta e completa, para os que lembren aqueles tempos, que existía entre o tratamento que lle dabamos nós ao liño có practicado no Norte de Portugal, nosos veciños, e sen embargo, amigos; curmáns, máis ben. A outra é que, no meu criterio, non nos vén nada mal practicar, de cando en vez, algo de portugués, pois, ademais de parentes, ¡somos socios niso da Unión Europea! Con estas ideas, acolléndome á vosa comprensión, doulle a palabra a Antônio Lourenço Fontes, pax, 166/170 do seu libro "Etnografía Transmontana", vol. II:

O linho em Portugal

... As ocupaçoes que o linho proporciona sâo motivo de festas... Aí por Maio semeiase, de prefêrencia, em terras chairas, de regadio. A terra bem cavada e estercada é achairada com um engaço. Estáa pronta a receber a linhaça, que debe ser semeada é achairada com um engaço. Ao nascer é preciso mondá-lo e regá-lo amiúde. No dia de S. Joâo espeta-se como em todas as culturas um ramo de sabugueiro, ou um S. Joâo para que este santo proteja a cultura. Tem virtude a orvalhada de S. Joâo, por isso recomendam rebolar-se a gente no linho, antes de nascer o Sol, talhar a camisa. Aí por Junho, faz-se a arranca do liño. Chamam-se as moças para o arrancar e moços para o ripar. Os moços juntam os braçados de linho que as mulheres arrancam e colocam-no perto do ripo. Enquanto nâo têm que ripar passam o tempo a meter-se com as moças a treparlhes o linho, para lhes darem mais que fazer.

Para ripar o linho, há o ripo. Um banco de 2,5 metros com enorme pente de madeira, ou de ferro, no sentido vertical. Sentam-se os ripadores, um de cada lado de cachapernas e cada um pega no linho pelo lado da raiz e bate-o alternativamente contra o pente, puxando, para que o baganho se desprenda, caindo para o châo, atarapetado com mantôes de farrapos. Depois de ripado vamos empoça-lo no rio. Carrega-se num carro de vacas ou mais, e vamos para o rio ou regato. É uma festa. Os moços e moças vâo gostosos ao rio onde brincam, fazendo que se agarram e afogam. Alguns é o único dia do ano em que dâo banho, especialmente as velhas. Uma vez no rio, e escolhido o poço para empoçar, o linho coloca-se no leito do rio, com grandes pedras em cima, para o torrente nâo fugir com os molhos. Tem de estar no rio cerca de 40 dias para que coza e apodreça a casca.

Pôe-se a secar na eira, até abrir com o calor e soltar a linhaça. Já seco vai servir para encher travesseiros e colchòes. A linhaça, depois de limpa, uma parte vende-se, outra guarda-se prà semente e outra para remédios caseiros, as célebres papas de linhaça. O linho costumam pô-lo a secar 15 dias, depois de empoçar. Está 8 dias a secar e vai empoçar mais 8 dias. Findos os quais volta a secar na eira ou no lameiro, perto do rio. Uma vez seco, pode-se maçar. O lugar de maçar sào os maçadoiros comunitários, pedras lisas e compridas que possam servir de assento para a mulher que segura o linho.

Servem de maçadouro em casa as parrogueiras da cozinha, e ao ar livre os assentos ou muros das eiras e dos adros. Há pedras que têm desde sempre o nome de maçadoiro em várias terras. Cada mâo de linho é uma manada, que despois de maçada se coloca aos pares, até fazer doze pares, 24 manadas, que fazem um afusal que é atado com um bancelho de palha. Antes de atar o afusal, deluba-se, para saírem as arestas e facilitar mais o espadar. O acto de debular é dificil, pois é preciso segurar as duas pontas, com as duas mâos, e esfregar o linho até largar a parte lenhosa ou arestas.

Vem o Inverno das noites grandes. Chamam-se umas poucas mulheres para atascar, esbouriçar ou espadar o linho. Cada mulher leva os seus tarabelos, espadela e espadeleiro ou cortiço. Dentro de uma corte ou curral, e cada uma à volta, junto das paredes e a candeia no meio. Os moços entretêm-se, sâo os que dâo as primeiras espadadelas, "amansam as ´strigas", pois ao princípio estâo duras. Outros cá de fora pôem cheiroças às mulheres, como na pisada do vinho. Depois sâo as moças e mulheres que fazem o resto. O espadeleiro é uma tábua de meio metro de alto, larga na coroa e mais estreita no pé, cravada numa base em sentido perpendicular. A espadela é uma espécie de facalhâo, ou catana, de pau de nogueira, ou carvalho, com uma abertura no extremo, para meter a mâo. Tem uma parte afiada e a outra mais grossa. Com aquela bate-se no linho que cai de lado no espadeleiro ou cortiço, segurado com a mâo esquerda. As mulheres, de joelhos, vâo espadelando as estrigas, até caírem todos os tomentos. Os tomentos que caem sâo ainda aproveitados conforme se vai espadando, juntam-se à estriga. Na segunda volta, ou seja, na limpa, separam-se os tomentos de linho bom.

A 1ª vez que se asseda, tiram-lhe os cabeços, a estopa máis grosa, que servirá para os lençois, para tenais nas eiras. A outra parte da estopa, mais fina, é para saias de mandil, lençois para a cama. O que fica depois da asseda do linho é a fina estriga que servirá para fiar e tecer lençois finos, camisas de homem e mulher, calças para as festas, etc...
-.-


¿Que; Portugal quédanos lonxe? ¡Pois non, nin no tempo nin no espazo! O caso foi que, no segundo terzo do século XX, tan só se daban apertas Franco e Salazar, dous afíns, e á vez receosos un do outro: Salazar, temeroso dunha "invasión"; e Franco, utilizándoo con orgullo, case desprezativo, coa única finalidade de usalo como intermediario para recaptar, para propiciarse, unhas mellores relacións con Inglaterra.

Se viaxásemos algo menos ás Quimbambas, e algo máis á "parroquia" veciña, non só aforraríamos euros senón que gozaríamos de importantes descubrimentos. A propósito disto, ¿quen se anima para ir, un xoves calquera, á feira de Barcelos, no veciño Portugal, que aínda presenta traballos en liño ben artísticos e prácticos? Non pilla lonxe, tal que camiño de Castro Verde do Alemtejo.

Sentenzas, Fías e Ruadas (16)

A posible, pero improbable, resurrección do liño.


Agora que está de moda falar de asuntos que aínda son ciencia - ficción, tal que lúas de mel na Lúa, ¿quen nos priva de teorizar acerca da resurrección do liño nesta bisbarra? Pero con técnicas, con maquinaria moderna, axeitada, como a que teñen noutros países dos que importamos o pouco liño que se ve agora nas roupas.

De feito xa contamos coa bendición do párroco de Vilabade, o noso ilustre Don Manuel Varela Gorgoso, que, con ocasión das recentes conmemoracións da nosa "catedral" e das súas fundacións, ¡entronizou o liño!, as súas artes e mailas súas virtudes, a súa exposición, ¡na propia catedral! Na de Vilabade, por suposto, conmemorando así aquela feira ancestral do liño, que se viñera celebrando na praza angular da Vila. ¿Que non...? Daquela, querido lector, querido “Tomás”, remítote ás hemerotecas, concretamente a La Voz de Galicia, do 28 de outubro do ano 2004, onde podes ler: "Lugo.- Un festival de corais marcará o inicio dos actos de celebración dos 550 anos de historia de Vilabade.- ... Para o ano 2005 está previsto un festival de charangas; mentres que no 2006 terá lugar unha feira exposición do liño e un festival de música folk.” Etcétera.

Como colofón desta síntese, unha pequena anécdota: Naqueles anos da posguerra, con tanta fame como frieiras, miña avoa e madriña preguntoulle á tecedora, Efigenia das Cavozas: -¿Figenia, ai muller, qué mal me tratas, que che levei o liño e maila la tinguida aló en Setembro, pola festa do Santo, e teño os netiños aterecidos de frío, que xa pasou o Aninovo...! -Señora Xosefa, esas mantas logo van, que agora teño dous teares, que me fixo outro o sobriño, Manuel da Ponte, e daquela, cando me canso dun, doulle ao outro! Inefable Efigenia, ou Ifigenia, ou Figenia, que das tres maneiras lle chamaban, ¡e iso que só tiña dous teares! Unha muller de recursos, que non estudara as Teorías da Produtividade, o Shop Manegement, de Frederick W. Taylor!

Se fósemos estremeños, xa tiñamos o liño mecanizado, e incluso cobradas aquelas primas que deu o Mercado Común... ¿Xa non se lembran daquel affaire? Moito me temo que nin recordamos cómo era a planta, e por iso a reproducín no encabezamento deste relembro.
-.-

Agora un chisco de ciencia

O liño é unha fibra meritísima; no vexetal, despois daquelas follas de parra das que nos fala o Xénese, nada tivemos de maior utilidade para cubri-las nosas vergoñas; e logo que se daba do mellor nas terras desta bisbarra. Lémbrome daqueles anos da fame, na ditosa posguerra, que se volveu a sementar no mellor das hortas, de tanto que interesaba obter unha boa colleita. Os meus recorridos de entón non pasaban de Montecubeiro, Luaces, Pena, Bolaño, Vilabade, e mailo alfoz de Villarino de Castroverde, pero víase florear de par de todos aqueles camiños; ¡flores azuis, miúdas pero bonitiñas! E logo que nas feiras de Castroverde e de Mosteiro, vendíase, ou encargábase, toda clase de instrumental, empezando pola súa semente, pola liñaza, que a presentaban nunhas taleigas ou fardeliños, igualmente de liño, ben cativas por certo, que era a mellor proba da súa estima e da súa ración ou dosificación.

Ao liño, para que sexa rendible, non se pode volver sen estudalo a fondo, sen mecanizar o seu cultivo, así como a técnica, complexa por certo, da elaboración dos seus tecidos. Ora ben, contando cunha saída téxtil, asegurada a súa utilización, o liño pode competir coa la e co algodón. O resto dos tecidos actuais son pura química, e por tanto non sempre agradables ao tacto; se me apuran, moitos e deles, incluso nocivos para a saúde dos usuarios.

En canto á valía das nosas terras, coa advertencia de que cansan do liño, sendo preciso alternar con outros cultivos, cada ano, ou mellor, cada dous, nesta comarca dáse a pluviosidade e maila altitude axeitadas, que non debe pasar dos 750 mm., nin dos mil metros de altitude. Prefire as terras ácidas ás calcarias, etcétera. ¡Case todo o noso espazo cultivable! Admite o regadío, pero sen excesos porque lle podrecen as raíces.

Crese que llelo debemos aos romanos, que o utilizaron para todo, desde a vestimenta ás velas dos seus barcos. ¡Non todo ía ser levar, que algo traerían á nosa Hispania!

Os nosos carpinteiros lograron verdadeiras obras de arte creando, fabricando, aqueles instrumentos que requiría o tratamento do liño. Algún deles:

O ripo, ou ripa, con pugas, que arrincaban a semente da planta, sen estrago nin desperdicios.

O mallo, ou malle, menos bruto có de mallar o centeo, pois tratábase unicamente de iniciar o desfebre da planta.

Mazo, ou maciño, que se utilizaba sobre un banco de madeira, ou unha pedra lisa. Despois diso, aínda se lle daba un repaso coa gramadeira.

Coa tasca, ou tascón, avanzábase no proceso de deixar a fibra ao ar, máis limpa, exenta de cortizas e doutras impurezas. O complemento da tasca era a espadela.

O rastrel, ou rastrelo, segundo os sitios, proporcionaba, mediante unha especie de cardado, a clasificación das febras, xa que as curtas e grosas retíñanse nas pugas de ferro, quedando liberadas na propia man do cardador as máis longas e finas.

De seguido entraba en danza o fuso, co liño suxeito á roca, da que se ía estirando para formar o fío, habilmente terso, ¡á forza de dedos e de xiros!

A partires do novelo aínda viña un montón de manipulacións, entre elas: a madeixa, a cocción en cinsa para o seu branqueo, as lanzadeiras, o tear, con trama e urdime, o batán, etcétera.

¿Prendas de liño? ¡Todas, desde os xustillos ás sabas!

Para dar por concluída esta evocación do liño transcribo uns cantos refráns que denotan a importancia que tiña, e se lle recoñecía, recollidos de varios autores, principalmente de Gil de Bernabé:

A estopa, cómo é fiada; a moza, segundo e cómo foi criada.
A muller é fogo; o home, estopa; vén o diabro e sopra.
Á mala fiadeira, a roca faille denteira.
Quen teña fillas para casar, merque rocas para fiar.
Muller que non colle o fuso, e home que colle a cama, dádeos de boa gana.
Mentres ande na eira o xugo, que xire na casa o fuso.
Home que fía, muller que asubía, e galiña que canta coma o galo, renego deles coma do diaño.
Muller fiadeira fai boa casadeira.
A que ten liño e o dá a fiar, é coma a que pare e dáo a criar.
Mentres teña o meu tear, camisa non me ha de faltar.
A muller goberneira, cría o fillo, e de paso, fía e fai a cea.
Capa, saio e calzón, do mesmo liño son.
O bo pano dura dez anos; pero na muller, a guapura, tanto non dura.
Etcétera.
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES